Mostrar mensagens com a etiqueta audiovisuais. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta audiovisuais. Mostrar todas as mensagens

17 de maio de 2011

Cojincito para el Ratoncito Pérez

En casa ya empezamos a perder nuestros dientiños de leche y como no podía ser de otra forma, se los damos a Pérez, ese ratonciño que se lleva nuestros dientes a cambio de una moneda. Y para honrarlo como se merece, tenemos un cojincito para tal efecto del que cuelga una bolsita de tul para que deje sus presentes, lo cierto es que yo quería una mucho más pequeña, pero no la encontré en el bazar chino.
Almofada para o Ratoncito Perez


El bordado hay que agradecérselo a San Google, patrón de las búsquedas modernas hehehe, que me dió primero el ratoncito y luego el diente, el corazón y las letras ya son añadido propio.
Almofada para o Ratoncito Perez

Por detrás, en un corazón de  fieltro le dejamos el diente y notas pequeñísimas expresándole nuestro cariño y contándole cotidianidades, notas que llenan de ternura y babas, para qué engañarnos, a la mamá.
Almofada para o Ratoncito Perez


Y aprovecho y vuelvo a recomendaros la película Perez, el ratoncito de tus sueños. A nosotros nos gusta mucho y además podemos verla en gallego (también está disponible en catalán, euskara, castellano e inglés).

17 de outubro de 2010

Apenas pasaron 30 años

Un amigo me mandó un email en el que aparecía la dirección a este video, sin palabras, sólo la dirección, y tras verlo me he llenado de palabras y de tristeza.

Mis palabras y mi tristeza se mezclan con las palabras de esa profesora que proclama que los niños tienen un problema de bilinguismo, que no saben hablar castellano, que callan porque no saben,... cuando después podemos ver a esos mismos niños hablando PERFECTAMENTE en castellano. Se empeñaron no en que aprendiéramos otras lenguas, si no en enseñarnos sólo la otra, la buena, la elegante y la correcta, presentando la nuestra como un problema, como un atraso, como algo a superar. Se empeñaron, se empeñan, en matar nuestra cultura, nuestra lengua y lo están consiguiendo, hoy los niños SÍ tienen un problema de bilinguismo porque no sólo no saben hablar gallego sino que apenas lo entienden.

Como dice Quinindiolas, de quien tomo prestadas sus acertadas palabras. Non teñen perdón!

Y lo más doloroso la abuela, que traduce su anaina al castellano, a la lengua culta, a la lengua correcta. Qué triste por dios y qué triste la incomprensión que genera esta tristeza :(







Un amigo mandoume un email no que aparecía a dirección a este video, sen palabras, só a dirección e despois de velo enchinme de palabras e de tristura.

As miñas palabras e a miña tristura mistúranse coas palabras desa mestra que di que os nenos teñen un problema de bilinguismo, que non saben falar castelán, que calan porque non saben,... cando despois podemos ver aos mesmos cativos a falar PERFEITAMENTE en castelán. Empeñáronse non en que aprendéramos outras linguas, senón en aprendernos só a outra, a boa, a elegante e a correcta, presentando a nosa como un problema, como un atraso, como algo a superar. Empeñáronse, empéñanse, en matar a nosa cultura, a nosa lingua e estanno a conseguir, hoxe os nenos SI teñen un problema de bilinguismo porque non só non saben falar galego, senón que apenas o entenden.


Como di Quinindiolas, de quen tomo prestadas as súas acertadas palabras. Non teñen perdón!

3 de setembro de 2010

Na Galiza en galego e fora dela tamén II

Aínda que nós trouxémoslles debuxos animados en galego, deixo aquí unhas ligazóns por se há alguén fora da terra que precise deles:

Un precioso conto de Saramago:


O sapo e o raposo

Nós baixámolos coa axuda desta web: bajaryoutube.com e deste xeito os temos ao noso dispor sen ter que estar conectados :D

(Tamén se poden obter uns outros recursos audiovisuais en galego seguindo as ligazóns que se dan no fantástico blogue de Cernekernel).

28 de agosto de 2010

Na Galiza en galego e fora dela tamén

Trouxemos DVDs de música para os cativiños, mas deixo aquí algúns videos musicais por se a alguén lle fan proveito, ben porque está fora da terra ou porque gosta de telos coma nós :) Por certo que nós temos todos estos DVDs, coma sempre digo compre xerar demanda para aumentar a oferta :)

Baixámolos coa axuda desta web: bajaryoutube.com e deste xeito os temos ao noso dispor sen ter que estar conectados :D
~~~~~~~



Dun dos nosos DVDs preferidos que xa teño recomendado noutras ocasións





Un con coreografía:


Outro cunha coreografía para imitar:



E outros videos menos infantís mas nos que se escoitan de fondo dúas cancións do disco de Migallas que tamén teño xa recomendado.


11 de junho de 2010

Lo que ven mis ojos

Hace unos días hablaba con las "chicas alta-resolución" sobre la xesta y prometía foto, así que me subí al columpio e hice unas fotos de las manchas de xestas que vemos desde el jardín de detrás de casa.
Los montes ahora están preciosos llenos del amarillo de las xestas (pronto vendrá el de los toxos) y hay zonas en las que se ve todo amarillo. Es muy bonito.

Aquí se ve un cachito de nuestra valla y todo ese verde va siguiendo la ribera del regatiño que ya ha salido más veces en el blog
También gravé este video para enseñároslo, es un poco mareoso y encima se ve borroso, ains, así que no me responsabilizo de los efectos secundarios (mareos, nauseas, vómitos,... hahaha).

Que soy una torpe vaya, justo enfrente arribita de todo hay una mámoa aunque no se aprecia en el video y si os fijais se ve claramente el camino que sigue el agua, salpicando de verde su trayecto. Cuando empiecen los jabalíes con sus murgas, a ver si me acuerdo de gravar la escandalera (siempre me embeleso al oírlos y mi corazón batalla con la razón por ir a espiarlos).

Espero que os guste :)


Ahí arriba, a la izquierda de todo está la mamoa pero la foto no es nada buena (creo que a mi cámara le pesan los años -y sobre todo los niños- hahaha).

6 de março de 2010

Lost Things

El blog de la dulce hada Matilina es bonito para los ojos por las cositas bonitas que hace pero es que además es una delicia para los oídos porque comparte las canciones más dulces que os podais imaginar.

Hoy me he traído de su blog Lost Things, un precioso corto en stop-motion escrito y dirigido por Angela Kohler. Espero que os guste tanto como a mi :)


11 de janeiro de 2010

Ópera para cativos

Subo esta mensaxe para recomendar un libro que lles regalou un dos tíos aos pequenos.

O debut de Martino Porconi é unha reinterpretación do conto dos tres porquiños, onde un dos porcos aspira a cantante de ópera e ten un mestre moi especial. Acompáñase dun DVD no que se pode escoitar o libro (creo que non existe versión noutras linguas).

··· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ···· · ··· ·
· 11 - agosto - 2008 ·

Os meus pequenos adoran este fragmento da Traviata de Verdi, chámanlle "As pantasmas"

Aparece no DVD "L’'opéra imaginaire (L'Opéra comme vous ne l'avez jamais vu!)", producido pola televisión pública francesa, contén extractos dalgunhas das óperas máis famosas, cada unha delas acompañada por unha animación feita por artistas europeos con distintas técnicas. Nen todas son "adecuadas" para todas as idades polo que é mellor que as visualicedes primeiro.

Contido do DVD:
Ridi, Pagliaccio da ópera Pagliacci de Leoncavallo. Animación de Ken Lidster.
Durante o espectáculo, Pagliaccio (coa voz de Franco Corelli) descubre que a súa dona Colombina traicionoulle.
La donna è mobile , do Rigoletto de Verdi. Animación de Monique Renault.
O Duque de Mantua (Nicolai Gedda) canta a súa particular ideia do carácter feminino namentras imaxes recrean figuras de cadros: A Olimpia, o baño turco...
Avec la garde montante, da ópera Carmen de Bizet. Animación de Christophe Vallaux e Pascal Roulin.
Carmen le as cartas namentras desfilan ante ela soldados, bandidos, toreiros...
Voi che sapete, de Le nozze di Figaro de Mozart. Animación de Pascal Roulin.
Nesta comedia de enredo, a Condesa de Almaviva e Susanna, para vengarse do conde, deciden disfarzar ao paxe Cherubino de muller.
Un bel di vedremo, de Madame Butterfly de Puccini. Nesta animación de Jonathan Hills, Cio-Cio San imaxina cómo será a chegada tan desexada de Pinkerton para quen ela non é máis do que unha bolboreta de colección.
Au fond du temple saint, de Les pecheurs de perles de Bizet. Animación de Jimmy T. Murakami.
Neste triangulo de amor e morte os dous procuradores de perlas (as voces de Nicolai Gedda e Ernest Blanc) reencontranse coa rapaza que viron un día.
Du also bist mein Brautigam? de Die Zauberflöte de Mozart. Animación de Raimund Krume.
Pamina (Lucia Popp), crendo que Tamino morreu, quere suicidarse pero os tres genios (representados por un cilindro, un cubo e un cono) logran detela.
Questo è un nodo avvilippato, de La Canerentola de Rossini. Animación de Stephen Palmer.
Nesta versión tan distinta do conto ninguén é quen semella ser neste xogo de máscaras.
La veau d'’or, del Faust de Gounod. Animación de Hilary Audus.
Mephistofeles (canta Nicolai Ghiaurov) conta como burlou a Fausto que destruiu a Margarida.
Noi siamo zinarelle, de La Traviata de Verdi. Animación de Guinne Leroy.
Na festa de Violeta, uns curiosos invitados participan do precioso postre.
Sous le Dôme Épais, da ópera Lakmé de Léo Delibes. Neste fragmento (coas voces de Mady Mesplé e Danielle Millet) Pascal Roulin recrea o primeiro encontro de Gerald e Lakmé.
E lucevan le stelle , da Tosca de Puccini. Animación de José Abel.
Cavaradossi (Carlo Bergonzi) pérdese nos seus recordos esperando o mencer cando o van fusilar.

------------------- Máis -------------------

Cuéntame una ópera: Fantástica web de Georgina García Mauriño con distintos recursos, entre eles óperas convertidas en contos.
MOS: Recursos do MEC sobre a ópera (ESO e Bacharelato).

3 de dezembro de 2009

Ellos, los más bellos

Quen se pode resistir diante dun bebé?

Hai uns días Esther mandoume este vídeo e véxome na obriga de compartilo e repartir a felicidade que contaxia e porque dende que o teño non paro de velo e rir a gargalladas :)
Aos meus pequenos encantoulle tamén, un berráballe cariñosamente aos meniños: "toooolos"




E este outro seguramente xa o teñades visto polos blogues, mas é tan bonito, cando o miro acabo con ese sorriso parvo que nos esperta a tenrura.
Teño moitas ganas de ver enteiro este documental onde se segue a vida de catro bebés en distintas partes do mundo (Ipe, creo que a Enmanuel le puede servir para su estudio).

19 de novembro de 2009

Dálle un coliño!

Pido perdón anticipadamente por revolveros así el alma.



Cuando sea viejita espero que me den muchos coliños porque el coliño no tiene edad, porque para decir "te quiero" no hacen falta palabras, porque igual que para la ternura, para el coliño siempre hay tiempo.

21 de setembro de 2009

O "Doctor Mateo" e o homeschooling

Onte vin de casualidade un capítulo dunha serie de produción española que botan en Antena 3 e que polo visto é exitosa (non vos podo dar moitos dados porque nunca a vira) que lle chaman "Doctor Mateo" e cal sería a miña sorpresa cando na serie abordan o tema do ensino en familia :O. Está visto que xa somos unha realidade social e comezan a falar de nós en tódolos ámbitos.

A serie vai dun doutor (o tal Mateo) que era un prestixioso cirurxián en Nova Iorque e que deixa a cirurxía para converterse en médico rural en Asturias. Neste capítulo (CAPÍTULO 3 - Segunda Temporada) están preocupados porque un dos nenos abandona a escola por ir viver noutro sitio e como son tan poucos perderán a escola mas... chega unha familia nova ó pobo!

Eu agardo que vos riades (por favor!) porque temos que recoñecer que un pouco raros si que somos: porque non nos deixamos levar pola corrente e damos algunhas brazadas contra dela, porque vivimos como queremos sen preocuparnos do que se espera de nós socialmente, porque nos preocupa o que comemos a pesar da súa legalidade, porque tratamos ós fillos con respecto, etc. e na serie, que a fin de contas é unha comedia, fixeron unha caricatura, así que non quero tristuras, rídevos! é bo rirse dun mesmo :) Ademais, abordan moi respectuosamente o tema da alegalidade do ensino en familia ;)

(Incluíno tamén baixo a etiqueta de "legalidade" porque creo que facer visíbel o homeschooling é outro paso máis para conseguir que legalicen esta opción educativa).

22 de julho de 2009

Terceiro proxecto trimestral: ANATOMÍA

Xa hai tempo que temos empezado outro proxecto trimestral, esta vez adicado a anatomía. Fágovos unha recompilación do que levamos feito e agardo que vos sexa útil esta mensaxe porque levo dende maio a facela ós poucos.

O primeiro que fixemos aproveitando o proxecto semanal foi xogar con osos e despois montamos o noso esqueleto que se chama Chocolata e ten chupeta propria. Foi mercado por fascículos cun xornal de "cuyo nombre prefiero no acordarme" hahahaha aínda que se alguén está interesado na ligazón que puxen pode enteirarse de cómo mercalo directamente á editorial, como xa teño dito nos comentarios foi caro, pero paga a pena (por certo que hai un esquelete dun T. Rex que é de impresión!)



Tamén integramos dentro deste proxecto trimestral aquel dos "pelos" do proxecto semanal e por suposto tamén ollamos a serie de Érase una vez la vida, cántos recordos! e enchemos o noso mural.

Aquí a pobre chocolata sae "desintestinada" a coitada.

Os libros que temos na casa para pequenos sobre o tema son de esquerda a dereita:
- El cuerpo humano, que viña co esqueleto.
- Como trabaja tu cuerpo, que era meu de cando pequena (vaivos encantar esta ligazón).
- A aula na casa. O corpo humano, unha obra de consulta de 17 tomos da Voz de Galicia que tamén mercamos hai tempo co xornal.
- O teu corpo (a versión en castelán a tedes aquí) que mercamos despois de telo collido un montón de veces na biblioteca.


Un montón de esqueletes, algúns en familia.
Os móbiles tedes para descargalos nas ligazóns de embaixo. Para facer movibles as articulacións usei la cun nó en cada lado


Os órganos están pegados só por un punto de xeito que se poidan levantar e fíxenos con papel transparente.


Os grandes protagonistas, xunto cos xermes, das conversacións destes meses.


Tamén fixemos un lapbook

......................................................................................

Imprimíveis:

Xogos:

Máis recursos:

Libros "online":

E se queredes levar o proxecto "máis aló" hehehe

I heart guts: Camisetas, bonecos,... son preciosos!

Belén: estou a ver se che quito o posto hehehehe

9 de abril de 2009

Esta semana o post do mércores sae o xoves :)

Esto vai tomando aspecto de epidemia, tamén há blogues e webs novas esta semana!!

E este mes tamén me mimaron un pouquiño na blogosfera.
  • No blogue de HablapormidiceIago, déronme este premio que foi criado por Maite e que ven acompañado dun marabilloso vídeo que vos vai encantar.


Estou desexando ver estas dúas películas:
  • The biggest smallest movie. Coraline, unha película feita a man nestos anos de manufcturado e que estrean na España este agosto

Conta a historia dunha rapaza que abre unha porta secreta na súa casa que a leva a unha outra versión da súa vida moi semellante pero moito mellor, aparentemente hehehe.
  • Dónde viven los monstruos, que parece ser que se estrea en outubro na España e que descubrín gracias (grácies) o blogue de Coses de nens e que está baseada no marabilloso libro do mesmo nome de Maurice Sendak



Por outra banda, con todas as casiñas que estou a atopar creio que vou montar un poboado para que "os nenos" (ehemmm) brinquen, haberá casiñas de tódalas cores e formas, algunhas xa as víchedes e xa vos inspiraron ou tentaron. E Por suposto non pode faltar esta casiña que semella a do Sr. Bolson.
Non vos parecen preciosas? pódese escoller entre varias cores, varios deseños ou mesmo podes porlle un deseño proprio. Tedes todas as opcións en qb.

5 de março de 2009

A illa de Nim

O outro día vimos esta película (os papis, a pequenada seria incapaz de aturar tanto tempo sentada mirando para a tele :DDD) e quérovola recomendar, non só porque Nim fai ensino en familia, se nón porque é divertida, con aventuras, acción, natureza,...

Unha peli que fala da forza interior que temos todos, de superarse, de crer en si mesmo, ademais actúa Jodie Foster que é unha das miñas actrices favoritas, qué máis se pode pedir? Nós botamos unhas boas risas e desfrutamos coa peli, o único que non me gustou moito foi o final, pero apenas son dos minutos.

Deíxovos o trailer da película (en castelán)

22 de janeiro de 2009

Agasallos de Nadal 2

E agora unha de música :) Á nosa colección de música para pequenos en galego únese Contos en cantos, da que xa vos falara aquí. É o grande que está aberto e recoméndovolo encarecidamente :)

As cancións son de contos da propria editora: Chocolata, Corre corre cabaciña, A princesa do Caurel, Paco Papán, Sal e Azucre, Cocorico, Titiritesa, Mariluz Avestruz, O papón, Loboferoz, Sígueme!, Rato Tom e Rata Tomasa e Pío pío e están feitas nunha linguaxe musical actual, nada de gaitas e zanfoñas que son fermosas pero que non falan a lingua dos nosos fillos.

Como vedes na foto, ven en formato libriño e dentro ademáis do CD está un DVD e tedes as letras de cada canción acompañadas dunha ilustración do conto.

Moi bonito, esto é o que precisamos na Galiza!, implicar ós nosos nenos no futuro da lingua pero falando a súa linguaxe tanto musical como social porque qué queredes que vos diga, ós meus pequenos unha canción que fala de muiñadas non lles dí absolutamente nada.

9 de janeiro de 2009

Lingua de signos

Polo blogue de Mi mami es logopeda descubro esta canción de Tontxu cantada "a dúas máns" en LSE (lingua de signos española) e fico namorada da intérprete, nunca vira signar así!! séntese a música a través dela verdade? pero é que "falando" é igual de doce, podédela ver neste outro video.



Déixovos unhas cantas ligazóns sobre a lingua de signos, unha lingua fermosa para a que deberían dar máis facilidades para aprendela así que dende aquí fago esta chamada a quen corresponda: Máis cursos de lingua de signos gratuítos ou a baixo precio!! porque alomenos os que eu teño vistos son escasos e caros, moi caros. Eu a teño moi abandonada e vou esquecendo os signos menos frecuentes pero espero poder retomala cando teña máis tempo, menos mal que os meus amigos xordos "oblíganme" a signar porque si non xa tiña esquecido até o abc que hai que ver cómo teño a cabeciña eh??
(Tende en conta nos diccionarios que as palabras, aínda sendo LSE, poden variar dunha localidade á outra do mesmo xeito que acontece coas linguas orais).


ENGADO: Un video sobre como ven o Nadal un grupo de persoas xordas, moi triste ver como moitos non teñen con quen falar durante as ceas e síntense un tanto illados. Non entendo como tengo un familiar xordo ninguén ten o interese de aprender a comunicarse con el na súa lingua.
É en LGP (Lingua Gestual Portuguesa) mas descubro con ledicia que temos moitos signos en común :) e tamén cean bacallau na noiteboa!! :D


20 de dezembro de 2008

A ratiña Lola

Antes da chegada do bipartito fixérase un CD en galego para nenos pequenos acompañado dunha enorme campaña de reparto do mesmo e podías pedilo de balde nunha web chamada Cativadas, coa chegada do novo goberno ninguén se lembrou de renovar a web. Non se pode dicer que fora un excelente traballo mas estaba aí, un xogo para que os cativos puideran xogar coa súa lingua. A deus grazas un blogueiro (Opaco) colgou de novo a web de Cativadas no seu blogue para que tanto os nenos como os pais ou os mestres puideran seguir empregándoa.

Na casa levamos moitos anos xogando coa ratiña Lola, pese a todos os seus fallos, eu recoméndovola.
  • Se queredes xogar coa ratiña Lola, ide á nova web de Cativadas.
  • Se queredes baixar o CD para desfrutalo sen ter que estar conectados á rede, preme AQUI.

18 de dezembro de 2008

Aprender é un gustazo!!

Atopo grazas ao blogue de Galegoxdocentes esta curta galega en plasticina baseada nunha historia de Frei Martín Sarmiento que di tantísimo non só da problemática lingüística que aínda temos na Galiza (eu mesma vivín unha situación similar hai menos de 10 anos nun centro de ensino público), se non tamén de como se pode aprender doutros xeitos, xa sabedes "un outro xeito de aprender é posivel" ;)

Non a perdades: A escola das areas
(A ficha na Axencia Audiovisual Galega, aquí)


E se queredes ver outras curtas, mirade en flocos.tv O cineclube do audiovisual galego

25 de novembro de 2008

Chamémoslle às cousas polo seu nome!!

Cando un quere acabar cun problema primeiro ten que enfrontarse a el e chamalo polo seu nome, sen eufemismos, sen iso que agora dan en chamar "linguaxe politicamente correcta" e isto é a base de tódalas terapias psicolóxicas. Basta xa de caralladas!

Eu son maior de abondo para recordar cando lle chamaban "crime pasional" ó asasinato dunha muller a mans do seu home, un adxectivo insultante se temos en conta que "pasional" refírese especialmente á pasión amorosa, coma se esa acción puidese agochar un ápice de amor. O maltrato nen sequera estaba reflexado pois se o home lle zoscaba á muller sería porque "algo faría".

Despois verían outros epítetos igual de desafortunados como "violencia machista", chamaranlle "violencia feminista" cando unha muller é a que asasina ó seu home? vaia xeito de deturpar a lingua! vaia xeito de rirse das vítimas!

E agora a moda é chamarlle "violencia de xénero" que creio que é a definición máis desafortunada de todas as que teñen escollido para definir este tipo de parricidio se temos en conta que en castelán, cando se aplica "de género" a unha obra significa que representa escenas da vida común. Vaia forma de darlle normalidade ó que ten que se erradicar!

Basta xa! cando unha muller é maltratada polo seu home e despois ten que ler estas definicións é doblemente maltratada! O diccionario ten unha definición para este crime desde hai moitísimos anos e é PARRICIDIO, deixémonos de parvadas e empecemos a chamar ás cousas polo seu nome como primeiro paso para que estas desaparezan.

E o mesmo acontece co maltrato ós cativos, qué é iso de chamalo "cachete"? Non señora!! MALTRATO!!




2 de outubro de 2008

Contos en cantos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora teñen en marcha unha campaña co fin de alimentar o repertorio de música infantil en lingua galega (XA ERA HORA!!!), así que a partir do 6 de outubro percorrerán a Galiza con contos, karaoke, obradoiros...

Para a campaña a OQO Editora e máis PAI Música co editaron un libro CD-DVD chamado “Contos en Cantos” que canta Almudena Janeiro e que foi gravado e mesturado en Casa de Tolos (non, non é o blogue de Belén). O libro CD-DVD mestura contos, música e vídeo, así como distintos estilos musicais que pasan pola música popular portuguesa, a bossa nova, o sirtaki, o tango, rock&roll, soul, gospel, cantos africanos... todos eles coa lingua da terra como vehículo para coñecer as distintas culturas.

Na web de Ghastas Pista lemos: "Os 13 temas do CD ofrecen amplas posibilidades didácticas para facer xogos, dramatizacións ou danzas simples para nenos de infantil e primaria." Haberá me mercalo non si? Ten boa pinta:



A autora de Chocolata (Marisa Nuñez) recibiu o Primeiro Premio Internacional do Libro Infantil por este libro.

Prégovos que non pirateedes estos CDs, compre xerar demanda pra que se fagan máis CDs con cancións para nenos.


EDITO pra dizer que xa o mercamos e que é un imprescindível se tes nenos pequenos. É moi bo.

30 de setembro de 2008

Cousiñas II

Xa vos falara de Cousiñas no blogue eiquí e agora tráiovos un vídeo que atopei no YouTube de casualidade para que poidades ver vos mesmos:



Tamén podedes ver outros vídeos en galego de Galitoon Productions, son:
  • Golula
  • Sola (que non vos engane o título, é que é unha empresa galega que non fala galego, de feito ó vídeo de Cousiñas titúlano "Cositas". Ver para crer!)