8 de Julho de 2009

Mis Maricuchis

Vai pasar un tempo acompañándonos Carmina de Mis Maricuchis, esta chica sevillana fai unhas cousas preciosas en crochet, feltro,...

É un pouco difícil escoller entre todas as súas creacións pero fixádevos que monadiña de body, que colgador para as portas tan tenro e que broche tan chic


Podedes botar un ollo ó seu catálogo para ver todas as preciosidades que fai e tamén probar sorte no seu sorteo.

6 de Julho de 2009

Amo-te mil milhões

Esta semana acompáñanos Virgínia do Amo-te mil milhões.
Ela é doce como as cousas que fai, que non só teñen ese aquel que só teñen as cousas feitas a man senón que ademais están feitas cun cariño e un amor de mil millóns, o seu blogue non só inspira cousas belas para facer (ou soñar que as fas como no meu caso), senón que ademais é un exemplo de respecto, de amor, desa crianza da que eu gosto tanto!!


Non deixades de visitar o seu blogue ou a súa tenda en Dawanda, se tedes un agasallo por facer o ten ela e se necesitades un mimiño para a casa tamén o ten ela.

3 de Julho de 2009

Pequena lista de cousas por facer


Se gostas dela para o teu blogue, levaa :)

EDITO:
Se alguén a quere para imprimir que me mande un e-mail que llo envío en pdf con maior resolución.

1 de Julho de 2009

As citas do mes: xuño-09

"Creo que nacemos dos veces. La segunda, hacia los brazos de nuestros hijos."
Claudia

"Muchas veces no tengo muy claro si educo en casa o por fin: “Me educan en casa"
Jacqueline

"Antes de casarme tenía seis teorías sobre el modo de educar a los pequeños. Ahora tengo seis pequeños y ninguna teoría."
Lord Rochester

Non é a carne e o sangue, senón o corazón o que nos fai pais e fillos.
J.C. Friedrich Schiller

Caixa de ler

Hai dúas semanas recibimos a petición: "mami, quero aprender a ler" e comezamos "silabeando", primeiro en castelán que é máis sinxelo mas xa estamos a engadir sons galegos na lectura.


A caixa ten pequenos recortes para aprender a ler, os sons por unha banda e frases sinxelas pola outra, que tanto serven para ler illadamente como para facer pequenas composicións.

30 de Junho de 2009

Adoro a miña terra, gústanme as súas xentes, a súa cor, o seu arrecendo, os seus sons,... O seu clima gústame a ratos :D gosto da choiva, aínda que cando ven acompañada de vento xa non tanto e esta é terra de choiva, grazas a ela temos esta preciosa cor verde e moreas de ríos e regatos e aínda que ás veces acaba coa nosa paciencia (como este ano, que leva chovido 9 de cada 10 días) con ela vivimos o día a día con normalidade e a ela temos que agradecerlle que haxa menos incendios, a pesar de que nos tire as peras.

O pío xa era da casa da miña aboa (na casa chamámoslle píos ás pías, sexan grandes ou pequenas), quen sabe cantos anos leva dando de beber ós animais?

Con todo e acompañados pola babuña, brincaron na máquina marabillosa que noutrora labrou a terra e que hoxe transfórmase nunha zorra ou nunha carroza


Recolleron as súas primeiras patacas, que crecen ceibas no noso cada día menos salvaxe xardín


E observamos os pequenos habitantes que moran con nós


As engurras son herdanza, adóroas! cando as vexo lembro as da miña avoa.

E tamén deu tempo a comezar novos proxectos, desta vez un pendurico principesco, co republicana que é unha!! :D

Non hai pior cego que o que non quere mirar

 
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego
Este sítio apoia a iniciativa da Plataforma para a Recepçom das Televisões e Rádios Portuguesas na Galiza



Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet