Eu son maior de abondo para recordar cando lle chamaban "crime pasional" ó asasinato dunha muller a mans do seu home, un adxectivo insultante se temos en conta que "pasional" refírese especialmente á pasión amorosa, coma se esa acción puidese agochar un ápice de amor. O maltrato nen sequera estaba reflexado pois se o home lle zoscaba á muller sería porque "algo faría".
Despois verían outros epítetos igual de desafortunados como "violencia machista", chamaranlle "violencia feminista" cando unha muller é a que asasina ó seu home? vaia xeito de deturpar a lingua! vaia xeito de rirse das vítimas!
E agora a moda é chamarlle "violencia de xénero" que creio que é a definición máis desafortunada de todas as que teñen escollido para definir este tipo de parricidio se temos en conta que en castelán, cando se aplica "de género" a unha obra significa que representa escenas da vida común. Vaia forma de darlle normalidade ó que ten que se erradicar!
Basta xa! cando unha muller é maltratada polo seu home e despois ten que ler estas definicións é doblemente maltratada! O diccionario ten unha definición para este crime desde hai moitísimos anos e é PARRICIDIO, deixémonos de parvadas e empecemos a chamar ás cousas polo seu nome como primeiro paso para que estas desaparezan.
E o mesmo acontece co maltrato ós cativos, qué é iso de chamalo "cachete"? Non señora!! MALTRATO!!