Como xa fixera coas tarxetas do Nadal, veño de facer outras para o día 1 que ven o Apalpador. A miña idea é facer uns saquiño de tea de saco e dentro o Apalpador deixaralles larpeiradas como fixo sempre pero das modernas ;) , seguramente chocolatinas.
Aquí volas deixo por se queredes imprimilas, a imaxe xa sabedes que é de Leandro Lamas quen xenerosamente me deu permiso para empregala.