Para a campaña a OQO Editora e máis PAI Música co editaron un libro CD-DVD chamado “Contos en Cantos” que canta Almudena Janeiro e que foi gravado e mesturado en Casa de Tolos (non, non é o blogue de Belén). O libro CD-DVD mestura contos, música e vídeo, así como distintos estilos musicais que pasan pola música popular portuguesa, a bossa nova, o sirtaki, o tango, rock&roll, soul, gospel, cantos africanos... todos eles coa lingua da terra como vehículo para coñecer as distintas culturas.
Na web de Ghastas Pista lemos: "Os 13 temas do CD ofrecen amplas posibilidades didácticas para facer xogos, dramatizacións ou danzas simples para nenos de infantil e primaria." Haberá me mercalo non si? Ten boa pinta:
A autora de Chocolata (Marisa Nuñez) recibiu o Primeiro Premio Internacional do Libro Infantil por este libro.
Prégovos que non pirateedes estos CDs, compre xerar demanda pra que se fagan máis CDs con cancións para nenos.
EDITO pra dizer que xa o mercamos e que é un imprescindível se tes nenos pequenos. É moi bo.
EDITO pra dizer que xa o mercamos e que é un imprescindível se tes nenos pequenos. É moi bo.
5 dixeron que...:
Pois sí, haberá que mercalo!!!
Marisa Nuñez (mestra en Cangas) tamén é a autora da Cebra Camila
bicoss
A Cebra Camila non a coñezo, terei que investigar.
Un biquiño
Editorial Kalandraka.
É moi chulo, unha cebra que non fixo caso da súa nai e o vento lle levou as raias .....
Haberá que buscalo, logo.
Xa sabía eu que che habería gustar paideleo :)
Publicar un comentario en la entrada