Quen se pode resistir diante dun bebé?
Hai uns días Esther mandoume este vídeo e véxome na obriga de compartilo e repartir a felicidade que contaxia e porque dende que o teño non paro de velo e rir a gargalladas :)
Aos meus pequenos encantoulle tamén, un berráballe cariñosamente aos meniños: "toooolos"
Aos meus pequenos encantoulle tamén, un berráballe cariñosamente aos meniños: "toooolos"
E este outro seguramente xa o teñades visto polos blogues, mas é tan bonito, cando o miro acabo con ese sorriso parvo que nos esperta a tenrura.
Teño moitas ganas de ver enteiro este documental onde se segue a vida de catro bebés en distintas partes do mundo (Ipe, creo que a Enmanuel le puede servir para su estudio).
Teño moitas ganas de ver enteiro este documental onde se segue a vida de catro bebés en distintas partes do mundo (Ipe, creo que a Enmanuel le puede servir para su estudio).