Mostrar mensagens com a etiqueta inspiración. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta inspiración. Mostrar todas as mensagens

27 de maio de 2009

Monstros e gnomos

Istos blogues son de nenos que fan ensino en familia e non, non son eles nin os gnomos nin os monstros hehehe:

Esta semana teño que dar as gracias por varios premios:

Premendo na imaxe podedes ver o vídeo e votalo, é moi bonito. Encántame como signa Iago.

E quero repartir os tres premios entre todos os que me visitades, moitas grazas por acompañarme :)

Fai tempo, puxera unha casa para nenos que parecía a do Señor Bilbo Bulseiro, pois ben, atopei a súa casa!!

Non é incrível? Non deixedes de visitar o site: A Low Impact woodland home. É unha casa onde tes que ser feliz, imaxino que vivindo aí tes que levar unha vida alucinante non é? nada de traballar nunha oficina hehehe (con perdón para os que fagan, ups!)

E falando de maxia, hai tempo que me ten fascinada e namorada Melissa Sue. Adoro os seus pequenos monstros!!


Cando me toque a quiniela penso comprarme un (magoa que non xogue), non vos parecen encantadores? teñen tanta vida...


E por último unha petición.
Alguén sabe dicirme onde podo mercar a máquina que fai os circuliños nas teas, papel, etc. e que deixa como un borde metálico? (explícome que da pena, ains)

14 de abril de 2009

Cosendo constelacións

Na casa xa vimos estos días que as constelacións son debuxos que se fan unindo estrelas, así que fixemos-inventamos algunha no noso mural, pero tamén estivemos a coser algunhas das coñecidas por todos.

Para facelo empregamos-reutilizamos unha cartolina dun proxecto semanal sobre a cera e para trazar as liñas empregamos la gris.

Coa constelación do escorpión aproveitamos para falar distos arácnidos (o que vedes é un metido en metacrilato e que tamén deu pra falar non só das súas características e de que un parente fora picado por un, senón tamén de que facía aí dentro, por que non o sacábamos, etc. temas ben doados de respostar, ains!). Tamén fixemos unha "ficha" sobre Scorpio que podedes descargar nalgún dos enlaces que vos puxen en mensaxes anteriores (creo que na mensaxe sobre o proxecto trimestral xusto anterior a esta) e que me ides perdoar que non volo enlace agora mas non o recordo, pois vou descargando as cousas con antelación.

Tamén xa houbo quen coseu en tea cun resultado marabilloso. Fiquei namorada!!

E agora que xa estamos a piques de rematar co noso proxecto trimestral sobre o espazo, éntranme unhas ganas tolas de facer unha festa como a vista en Tangarang, a vos tamén? ;)

1 de abril de 2009

E chegou o mércores!!

Aumentan os blogues e webs en castelán de ensino en familia, benvidos!
  • Mencanta. Blogue de Shanti dende Llosa de Camatxo, Alicante
  • Educar en familia - lo mejor. Blogue de Adi dende a Rexión Metropolitana de Chile.
  • Homeschooling Blog. O blogue de Lía, parado dende fai case 1 ano
  • Educando en Casa. "Educando en casa ofrece a padres e hijos un asesoramiento y apoyo pedagógico de calidad a traves de un trato personalizado, con los mejores profesores de todas las especialidades, coordinados por un equipo de profesionales en el mundo de la docencia. En Marbella, Puerto Banús, Nueva Andalucía, San Pedro, Estepona, Sotogrande, Costa del Sol.."
  • Ourschool Forum - European Homeschoolers in Spain. Ten unha pequena sección en castelán.

A cabaña do "post do mércores" anterior serviu de inspiración na casa de Marvan, como podedes ver neste post. Esta semana toca unha de Judith Needham, fixádevos canta maxia desprende!! A quen irá inspirar? :)



Unha das miñas últimas descubertas é Gustavo Aimar, se non o coñecedes ides quedar namorados do seu traballo.


E xa para rematar, para compensar aquela idea organizativa compricada e cara de levar a cabo, tráivos esta sinxela, barata e fermosa idea para organizar libros, xoguetes, etc.

Vía Desire to inspire

Ou ben en versión máis sinxela pero igual de barata e doada que facer:

Vía Design is mine

4 de março de 2009

Mercores "compost"

Case fico outra semana sen post do mércores, coma se me quitaran un día da semana mas finalmente aquí está, creio. ;)

Os blogues sobre ensino en familia ou de xente que fai ensino en familia esta semana son:


E para as que aínda non o coñezades, avisarvos de que se pode seguir en rigoroso directo ;) o que acontece no niño dunha aguia do Parque do Garraf, coma un Gran Irmán paxariteiro calquera. Ten dous oviños que se todo vai ven nascerán para abril, non deixedes de botarlle un ollo.


Tamén vos quero ensinar o fantástico sistema de orde que podedes mercar en Pottery Barn, eu quero un así, ben, case podo dicer... necesítoo!! :D
Non vos parece incrível? creio que non lle falta de nada.

O soño de calquera familia ordenada ou con pretensións de se-lo i é que con esta cousa éntranche unhas gañas tolas de arrumba-lo todo!! :DD

Un vídeo fermoso:



E para rematar deixovos cunha alternativa en forma de libro de tea ós cadros de vestir Montessori que ocupa menos espazo que pode facer (case) calquera, en fin, que me encantou!!



Podédelo ver enteiro no blogue de Forty two roads e tamén outra versión con máis actividades no blogue de Little Hands, big Work.

21 de dezembro de 2008

Estas últimas semanas

Xa teño rematada a nosa estrela da árbore, bem, aínda non está rematada de todo porque quero pórlle uns abelorios verdes paralelos ós laranxas do borde e probavelmente algo pendurado, aínda non o teño claro terei que ver que me vai pedindo pero este ano creio que xa fica así.

Os pequenos quixeron colocala eles, primeiro un, despois outro... hahaha, a verdade é que estou moi satisfeita co resultado final aínda que ten por aí algún erro claro, detalles das cousas feitas a man por primeira vez.

Déixovos unha foto da estrela en primeiro plano por se alguén se anima a facer unha para a súa árbore, a única condición e vir a ensinarma despois :)



Tamén rematei unha outra estreliña en feltro que foi a orixe da estrela grande da árbore.

Como á outra bordeille por detrás o ano.


Tamén xa teño case rematado un foguete que vai cara a lúa, só lle falta o astronauta!! Prometo ensinárvolo. Ademais atopei un fantástico tutorial para facer o nó francés e como non xa estou a maquinar onde o vou empregar.


Estivemos a facer cousiñas sacadas do Álbum Picassa de Sonia, non deixedes de visitalo pois ten moitos recursos do máis variado.


Atopoume outro blogue homeschooler: Escola em Casa "Dedicado a equipar famílias cristãs para a importante responsabilidade de dar a seus filhos uma educação escolar em casa dentro da ética cristã."


E xa por último partillo algúns dos meus recentes descobrimentos:

2 de setembro de 2008

A habitación inspiradora?

Se gustades tanto da decoración coma min, vaivos encantar o blogue The Inspired Room. Refining Your Home for Authentic Living™

Ten unha morea de fotos para inspirarse, ideas para facer enfeites e mesmo podedes participar nunha cousa semellante o noso proxecto semanal pero con fotos de zoas da vosa casa, agora mesmo teñen unha montada coas fotos da entrada das casas.