E agora unha de música :) Á nosa colección de música para pequenos en galego únese
Contos en cantos, da que xa vos falara
aquí. É o grande que está aberto e recoméndovolo encarecidamente :)

As cancións son de contos da propria editora: Chocolata, Corre corre cabaciña, A princesa do Caurel, Paco Papán, Sal e Azucre, Cocorico, Titiritesa, Mariluz Avestruz, O papón, Loboferoz, Sígueme!, Rato Tom e Rata Tomasa e Pío pío e están feitas nunha linguaxe musical actual, nada de gaitas e zanfoñas que son fermosas pero que non falan a lingua dos nosos fillos.
Como vedes na foto, ven en formato libriño e dentro ademáis do CD está un DVD e tedes as letras de cada canción acompañadas dunha ilustración do conto.
Moi bonito, esto é o que precisamos na Galiza!, implicar ós nosos nenos no futuro da lingua pero falando a súa linguaxe tanto musical como social porque qué queredes que vos diga, ós meus pequenos unha canción que fala de
muiñadas non lles dí absolutamente nada.