- Un desert a casa. Blogue de África dende o Alt Empordá.
- Biología. Outro fantástico blogue de Javier, dende As Palmas
- Yo aprendo.cl. Axuda para o ensino en familia
- Considerando hogar-escuela. Ensino en familia cristián
- Think Academy - Chile. Outra escola virtual para axudar no ensino familiar.
E este mes tamén me mimaron un pouquiño na blogosfera.
- No blogue de HablapormidiceIago, déronme este premio que foi criado por Maite e que ven acompañado dun marabilloso vídeo que vos vai encantar.
- E a nosa Jacqueline concedeume estoutro:
Estou desexando ver estas dúas películas:
- The biggest smallest movie. Coraline, unha película feita a man nestos anos de manufcturado e que estrean na España este agosto
Conta a historia dunha rapaza que abre unha porta secreta na súa casa que a leva a unha outra versión da súa vida moi semellante pero moito mellor, aparentemente hehehe.
- Dónde viven los monstruos, que parece ser que se estrea en outubro na España e que descubrín gracias (grácies) o blogue de Coses de nens e que está baseada no marabilloso libro do mesmo nome de Maurice Sendak
Por outra banda, con todas as casiñas que estou a atopar creio que vou montar un poboado para que "os nenos" (ehemmm) brinquen, haberá casiñas de tódalas cores e formas, algunhas xa as víchedes e xa vos inspiraron ou tentaron. E Por suposto non pode faltar esta casiña que semella a do Sr. Bolson.
Non vos parecen preciosas? pódese escoller entre varias cores, varios deseños ou mesmo podes porlle un deseño proprio. Tedes todas as opcións en qb.