Mostrar mensagens com a etiqueta educando en valores. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta educando en valores. Mostrar todas as mensagens

18 de abril de 2009

FAQs ................................ (post bilingüe)

Xa sei, son unha coñeira, mira que facer unha sección de FAQs no blogue... XDDDDDD

···································
Ya se, soy una graciosa, mira que hacer una sección de FAQs en el blog... LOL
···································


}·········· Dálle un coliño ··········{

Cando empecei a pedir axuda para traducir o título do blogue non imaxinaba que fóra ser tan complicado, algunhas das "voluntarias" precisaron non só a tradución ó castelán, senón até imaxes ou ver as outras traducións. Todos os que temos a grandísima sorte de ter varias linguas sabemos que nas traducións as veces pérdense matices e que é algo traballoso pero nunca imaxinei que algo tan cotián, polo menos para min, como dar un coliño fóra tan complicado de dicir noutras linguas.

Cando se lle di a alguén "dálle un coliño!" estáselle a animar a coller no colo ó fillo e nunha época onde criar con amor e dedicación parece ser o peor que se lles pode facer ós fillos, pareceume toda unha declaración de principios, o maior resumo do meu xeito de entender a crianza.

Nunca ninguén se estragou por recibir "demasiado" amor, non creo que Hitler ou Stalin (por poñer só dous exemplos) foran así por exceso de apertas e bicos. Por iso, dálle un coliño (ou dous).

···································
Cuando empecé a pedir ayuda para traducir el título del blog no imaginaba que fuera a ser tan complicado, algunas de las "voluntarias" necesitaron no sólo la traducción al castellano, sino incluso imágenes o ver las otras traducciones. Todos los que tenemos la grandísima suerte de tener varias lenguas sabemos que en las traducciones as veces se pierden matices y que es algo trabajoso pero nunca imaginé que algo tan cotidiano, por lo menos para mí, como coger enbrazos fuera tan complicado de decir en otras lenguas.

Cuándo se le dice a alguien "cógele en brazos!" se le está a animar a coger en el regazo a su hijo y en una época dónde criar con amor y dedicación parece ser lo peor que se les puede hacer a los hijos, me pareció toda una declaración de principios, el perfecto resumen de mi manera de entender la crianza.
Nunca nadie se echó a perder por recibir "demasiado" amor, no creo que Hitler o Stalin (por poner solo dos ejemplos) hayan sido así por exceso de abrazos y besos.
Por eso, cógele en brazos una vez (o dos).
···································

ARAGONÉS:

ASTURIANO:

CASTELÁN:
  • Cógele en brazos

CATALÁN:

ESPERANTO:

  • Ektenu al li/ŝi surbrake! - (zaít)

EÚSCARO:


FRANCÉS:
  • Prend le des bras - (moni)

HOLANDÉS:
  • Neem hem in je armen - (marvan)

INGLÉS:
  • Hold him/her in your arms - (madalen)
  • Take him/her on your lap - (belén)

MENORQUÍN:

POLACO:

PORTUGUÉS:
  • Dá-lhe um colinho

VALENCIANO:

Se alguén sabe como é que se di nalgunha outra lingua ou quere engadir outro matiz nalgunha traducción, que o deixe nos comentarios para engadilo. Gracias :)

···································
Si alguien sabe como se dice en otro lengua o quiere añadir otro matiz a alguna traducción, que lo deje en los comentarios para añadirlo. Gracias :)
···································




}·········· hahaha ··········{

En galego non existe a letra J nin ningunha outra con ese son, así que representamos as risas coa H.
Menos habitual é facelo con GH (gha gha gha), que é a representación escrita da "gheada".

···································
En gallego no existe la letra J ni ninguna otra letra con ese sonido, así que representamos las risas con la H. Menos habitual es hacerlo con las letras GH (gha gha gha), que es la representación escrita de la "gheada".
···································



}·········· meninheira ··········{

Escollín este alcume porque fun moi meniñeira dende ben pequena, dende moito antes de ter fillos podiades verme rodeada de pequenos. E iso é o que significa meniñeira, a persoa que gusta moito dos nenos (aínda que ten outros significados).

···································
Escogí ese apodo porque fuí muy niñera desde bien pequeña, desde mucho antes de tener hijos me podíais ver rodeada de niños. Y eso es lo que significa meninheira, la persona a la que le gustan mucho los niños (aunque tiene otros significados)
···································

11 de fevereiro de 2009

Mudando o martes polo mércores

Pois iso, que mudo o recén inaugurado post-mistura dos martes para os mércores e para non perder o costume tráiovos outra morea de blogues homeschoolers, anímovos a que deixedes un comentario en cada un deles, sobretodo nos blogues dos cativos pois se a nós nos fai ilusión recibilos, imaxinade a eles!! :)
  1. Mi escuela. Ekam ten 8 anos e ven de estrenar este blogue cunha primeira mensaxe moi interesante.
  2. Aprendre Jugant. Blogue de Llüisa, doula, dende o Alto Penedés.
  3. Quijote de andar por casa. O blogue de Jose Mari desde Navalpino (si, é o home de "Macedonia de fruta dulce")
  4. Mis dibujos animados. Outro blogue de Jacqueline, vaivos encantar e ós pequenos aínda máis.
  5. Javier, o fillo pequeno de Jacqueline, tráenos máis blogues interesantes dende As Palmas: Las mejores fotos, Como vino se fue.
  6. Nuestro cuaderno de campo é o novo blogue conxunto de Esther e o seu fillo maior Elías.


Hoxe quérovos animar a participar no SpringAlive!, que é unha fermosa actividade para dar a benvida ás aves que voltan co calor na que participan nenos de toda Europa. Unha oportunidade para mirar para o ceo, falar das aves migratorias, das estacións,... Están a preparar materiais para o profesorado, así que estaremos atentos.
Obrigada a valedegil do Pés na relva quem nos falou desta actividade.



O outro día chegoume por e-mail este maravilloso conto escrito por Nunila López Salamero e ilustrado por Myriam Cameros Sierra que é unha versión dos contos de princesas de toda a vida.

Se queredes mercalo impreso podedes dirixirvos ó blogue conxunto das autoras, que se chama como o conto: La cenicienta que no quería comer perdices



Gostaría de partillar con vos os meus últimos descubrimentos, esas pequenas cousas que aledan a vista pola súa beleza, como é a web de Apoline à Paris que é en si mesma unha obra de arte. E o outro día namoreime desta Venus da tenda de Barn Fire Studio.
(Premendo enriba a vedes en todo o seu esplendor). Non deixedes de visitar a tenda para ver as cousas tan increívelmente bonitas que teñen.
E se a algunha lle sobran 15.000$ e quere facerme un agasallo, pois pode ir encargando esta fermosa cama:

Por último quixera que alguén me dixera como demo fan estas cousas tan preciosas:
Porque aí onde o vedes iso é papel recortado!! Eu xa coñecía a magnífica obra en papel de Elsita (Elsa Mora) pero hai moitos outros artistas da tesoira :D Esta obra é de Paper cut die cut's


E mirade qué "coisa máis linda" tocoume nun sorteo que organizaba The Crafty Crow. É de Be My Vintage Valentine e na foto no se aprecia pero ten o bordo do chapeu en prateado e por detrás escrito con caligrafía dun aprendiz de escritor o nome do neno ó que pertenceu e que quizais hoxe sexa avó, unha fofadiña!!

(Gústavos cómo tuneei a lámpada con esos perendengues?)

19 de janeiro de 2009

Agasallos de Nadal

Aquí tendes algúns dos contos que deixaron os Reis Magos na casa.
Premendo enriba podedes ver a foto un pouquiño máis grande.

O primeiro é Cecilia y el dragón que conta a historia dunha rapaza aventureira que non se conforma con ficar na casa senón que ela tamén se quere enfrontar ó mundo. As ilustracións son moi bonitas, non vos sabería dicer porqué mas téñenme un aire moi holandés.
O segundo é Tres con Tango, unha historia entrañável e parece ser que baseada nun feito real de dous pingüíns do zoo de Central Park que se fan pais adoptivos dun oviño do que nacerá Tango.
E o último é Rey y Rey, que conta a historia de sempre, que parece que todo o mundo se enamora do príncipe azul!! ;) Hai tempo que tiña ganas de botarlle un ollo e a verdade é que levei unha grata sorpresa porque só coñecía a portada e véndoa pensaba que non me ían gustar as ilustracións e a verdade é que non foi así.