28 de febrero de 2009

As citas do mes: febreiro

"O futuro da humanidade fráguase na familia."
Juan Pablo II

"O fin da educación é formar seres aptos para gobernarse a si mesmos, e non para ser gobernados polos demais."
Herbert Spencer

"Cuando duerme una madre junto al niño, duerme el niño dos veces."
Miguel de Unamuno

26 de febrero de 2009

Proxecto trimestral: O ESPAZO

Os elementos do mural son todos de Learning Page, agás o sol que está pintado a témpera e o cinto de asteroides que está feito con recortes do "sacabocados" (desculpade pero non sei como lle chaman ó aparello ese).


Fixen unhas pequenas tarxetas cos nomes dos elementos do mural que van pegadas co "chicle" ese que serve para tal efecto, así que a idea e dar as tarxetas despegadas e que o neno as pegue no seu sitio. Máis ou menos xa se saben os nomes de todos os planetas e a colocacións dos que están máis perto da Terra pero a miña intención é que aprendan a recoñecelos na escrita con axuda destas tarxetiñas de quita e pon.

Tamén coloquei unha Osa maior, non é a miña intención que con 4 anos aprendan a ollar para o espazo e recoñecer constelacións ou cousa semellante, mas si que saiban da súa existencia. Xa propuxeron pegar máis estrelas e unilas para que formen unha outra constelación :D

Despois imprimimos esa familia de astronautas (de Canon), que foi debidamente "tuneada" e retocada. A imos pendurar de fíos para que poidan voar libremente de planeta a planeta.

Na web de Canon podedes baixarvos para facer unha Lúa, un planisferio e unha Terra, aínda que eu preferín (por parecerme máis adecuado á idade) que fixéramos á familia.

Tal e como fixemos co proxecto trimestral anterior, durante o tempo que nos adiquemos a este procurarei que as fichas e actividades (así sexan de matemáticas, lecto-escritura, grafomotricidade, etc) teñan como tema de fondo o Espazo. Aquí tedes algunhas fichas, aquí, aquí e aquí unha infinidade de recursos que aínda non "filtrei", así que se algunha o vai facendo que vaia avisando ;)

Tamén sería bo facermos unha escafandra se imos andar por aí fora non?

25 de febrero de 2009

Quen é John Taylor Gatto?

Teño a sorte de ter atopado a unha "cuentista" que me conta moitas cousas e esta é unha das que quero compartir.

John Taylor Gatto era profesor de literatura inglesa nos USA e foi premiado como Mellor Profesor do Ano tres veces, pero en 1991 despois do terceiro e último premio escribiu unha carta que foi publicada no New York Times que titulou: "Pode que sexa un mestre, pero non son un educador" que era unha crítica desoladora contra o sistema de ensino. Despois disto deixou o seu traballo e dende entón adícase a dar conferencias sobre como salvar o sistema educativo, a defender o Ensino en familia...
Aquí tedes a carta:


Pode que sexa un mestre, pero non son un educador

Ensinei na escola pública durante 26 anos pero xa non podo facelo máis. Durante anos, pedín ao Consello de Educación local e ao superintendente que me deixase ensinar un currículum que non fixese dano aos alumnos, pero eles teñen outras cousas de que ocuparse. Así que vou dimitir, creo.

cheguei aos poucos a comprender o que significa realmente ensinar: un currículum de confusión, oposición da clase, xustiza arbitraria, vulgaridade, rudeza, falta de respecto á intimidade, indiferenza á calidade, e total dependencia. Ensino como encaixar nun mundo no que eu non quero vivir.

Simplemente, non podo facelo máis. Non podo ensinar a nenos que esperan que lles digan o que teñen que facer; non podo ensinar a persoas que deixan o que están facendo cando soa un timbre; non podo persuadir aos nenos para sentir xustiza na súa clase cando non a hai, e non podo convencer aos nenos de que crean que os mestres teñen segredos valiosos que eles poderán conseguir se seguen as nosas disciplinas. Non é certo.

A Educación do Goberno é a aventura máis radical da historia. Mata a familia ao monopolizar as mellores etapas da infancia e ao ensinar a non respectar o fogar e aos pais.

Unha esaxeración? Apenas. Os pais non teñen a intención de participar na nosa forma de educación, todo o contrario. As miñas ordes como mestre de escola son facer que os nenos encaixen nun sistema de adestramento animal, non axudar a que cada un atope o seu particular camiño.

O anteproxecto completo do procedemento que segue a escola é exipcio, non grego nin romano. Nace da fe en que o valor humano é un ben escaso, representado simbólicamente pola estreita cima dunha pirámide.

Esa idea pasou á historia americana a través dos Puritanos. Atopa a súa representación "científica" na Bell Curve, ao longo da cal o talento repártese supostamente por algunha Lei de Ferro da bioloxía.

É unha idea relixiosa e as escolas son a súa igrexa. A cidade de Nova York contrátame como sacerdote. Eu ofrezo rituais para manter acurralada a herexía. Proporciono información para xustificar a pirámide celestial.

Sócrates previu que se o ensino convertíase nunha profesión formal sucedería algo así. O interese profesional sérvese mellor se o fácil móstrase coma se fose difícil; se se subordina o laico ao sacerdocio. A escola converteuse demasiado vitalmente nun proxecto de traballos, nun contratista e unha protectora da orde social para que poida permitirse que sexa reformada. Ten aliados políticos que vixían a súa marcha.

Ese o motivo de que as reformas veñan e vaian sen que haxa moitos cambios. Ata os reformadores non poden imaxinar unha escola moi distinta.

David aprende a ler á idade de catro; Raquel, á idade de nove: se o desenvolvemento é normal, cando ambos teñan 13, non se poderá dicir cal dos dous aprendeu primeiro -a extensión dos cinco anos non significa nada en absoluto. Pero na escola etiquetarán a Raquel como "incapacitada para a aprendizaxe" e a David frearano un pouco, tamén.

Por un soldo, fago que David dependa de min dicíndolle cando empezar e cando parar. Nunca superará esa dependencia. A Raquel identifícoa como mercancía de saldo, "educación especial". Logo duns poucos meses, quedará encerrada no seu sitio para sempre.

Nos 26 anos que estiven ensinando a nenos ricos e pobres, case nunca me atopei a un neno "discapacitado para a aprendizaxe"; case nunca me atopei tampouco cun "dotado". Como todas as categorías escolares, estes son mitos sagrados, creados pola imaxinación humana. Derivan de valores cuestionáveis que nunca examinamos porque preservan o Templo da Educación.
Ese é o segredo detrás dos exames con respostas curtas, os timbres, as clases de duración fixa, as clases divididas por idades, a estandarización, e todo o resto de relixión escolar que castiga a nosa nación.

Non hai un bo xeito de educarse; hai tantas como pegadas dactilares. Non necesitamos profesores certificados para facer que a educación ocorra... iso probablemente garante que non o faga.

Cantas probas máis fan falla? As boas escolas non necesitan máis diñeiro ou un ano académico máis longo; necesitan eleccións de libre mercado, variedade que fale para cada necesidade e corra riscos. Non necesitamos un currículum nacional, ou un exame nacional. Ambas iniciativas xorden da ignorancia de como aprenden as persoas, ou dunha deliberada indiferenza cara a iso.

Non podo ensinar así por máis tempo. Se vos decatades dalgún traballo no que non teña que facer dano aos nenos para gañarme a vida, facédemo saber. No outono estarei buscando traballo, creo.

.......................................................................................................................................

Para saber máis:

24 de febrero de 2009

Proxecto trimestral: OCÉANO

Xa temos rematado o proxecto trimestral adicado ó océano e ó medio mariño en xeral, fixemos un fermoso mural que baixamos de Learning Page, así como as figuras que nel nadan.



Fixemos un montón de fichas co tema de fondo marítimo: de matemáticas, de lecto-escritura, de grafomotricidade,... gustaríame partillar todas e cada unha delas pero como as fun collendo de distintos sitios en distintos días, fáiseme imposível!

Tamén fixemos un lapbook, este é o video:


E aqui tedes algunhas fotos porque no video ve-se tan pequeniño que non se aprecia.
Os elementos do lapbook son na súa meirande parte feitos por min, aínda que as ilustracións saqueinas da rede, claro :)

O mini pop-up do golfiño (non rías Marvan que te vexo) nadando diante do barco e embaixo unha carpetiña con estrelas cos números do 1 ó 10.

Ademáis polo pop-up hai diseminadas un montón de estrelas de mar de distintas cores e pódese facer con elas o exercicio de contalas na súa totalidade ou por cores.

Uns libriños cos medios de transporte marítimos e á esquerda temos outro libriño feito con dous cancións e un poema: "My bonnie lies over the ocean", "un barquito chiquitito que no sabía navegar" e a "Canción del pirata" de Espronceda.



Debaixo está unha fotografía dos pequenos na praia. E na roda aparecen debuxos dunha Orca, dunhas Ostras, do Océano, e dunha Onda (obra de Katsushika Hokusai, que coñecían grazas os fantásticos debuxos de Litle Einstein -premendo enriba podedes ver algúns deles-)


Despois podemos navegar polo fondo do mar nun submarino (por suposto amarelo) .
Debaixo unha roda cos debuxos e os nomes dos océanos do mundo (se non erra a miña memoria foron sacados da wiki).



23 de febrero de 2009

Proxecto semanal na terra

O proxecto semanal desta semana tiña como palabra clave "terra" e nós, aproveitando o bó tempo que permite pasar máis horas no exterior sen medo a acabar enchoupado aproveitamos para realizar labores de xardinería.

Primeiro aproveitamos para plantar en maceta unhas sementes de flores primaverais que tiñamos mercado.


Foi moi importante ;) seguir ó pé da letra as instrucións que acompañaban ás sementes (primeiro se plantan, despois se regan, despois dálles o sol,...)


E tamén aproveitamos para transplantar un lilo (Syringa vulgaris) e tamén para plantar algún que outro arbusto. E como non para xogar coa terra e coas miñocas que íamos atopando.



Moito éxito tivo esto de andar coas máns na terra e ollade que boa terra!!

20 de febrero de 2009

Outro artigo sobre Ensino en familia

Hoxe La Vanguardia fala de ensino en familia na España con dous artigos de Mercè Beltrán, á quen temos que felicitar polo artigo, onde a pesar da súa curta extensión fai un bó repaso á situación do Homeschool no noso país dende o respeto. E por outra banda pedirlle a algunhas das persoas que dan a súa opinión no artigo que sendo como son representantes de institucións públicas (e polo tanto de todos) informaranse antes de realizar aseveracións que non se axustan á realidade.

Do primeiro dos artigos: "Dos mil familias españolas optan por formar a sus hijos en casa" traiovos este anaquiño (a negriña é miña) como xeito de animarvos a participar nos estudos sobre o homeschool porque é preciso falar dende a obxetividade, porque o único xeito de falar con propriedade sobre un tema é telo estudado a priori.
Los partidarios de educar en casa afirman que sus hijos son mucho más curiosos y creativos que el alumnado escolarizado de forma ordinaria; que tienen un espíritu crítico más marcado que los otros niños, menos miedo al fracaso y que son más ingeniosos a la hora de resolver situaciones nuevas. No hay ningún análisis fiable independiente que avale tales aseveraciones. Algunos estudios no contrastados señalan que estos niños son más brillantes que el resto del alumnado. Los críticos al sistema rebaten que si dan mejores resultados es porque los controles se han hecho cuando los padres estaban seguros del éxito de sus hijos.
Na columna da dereita dispoñedes dunha enquisa ("Es partidario de educar a los hijos en casa") aberta a todo o mundo e se estades rexistrados tamén podedes deixar un comentario.

O segundo artigo, "Aprenden disfrutando", é unha reportaxe sobre unha familia homeschooler e aparece na edición impresa, aínda que se pode ler parcialmente na ligazón, a totalidade está disponível ós subscriptores ou previo pago.

Participantes do proxecto semanal: CORAZÓN

Adivina cuánto te quiero


Bajo el diente de león


Creciendo unidos


Cuatro en familia


Cuatro en la cama


Dálle un coliño


La mejor mami del mundo


Mi hijo mi maestro


One crayola


Orca: Observar, Recordar, Crecer y Aprender





Palabra clave desta semana: DISFRAZ
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (terra) nesta mensaxe.

19 de febrero de 2009

A tese de Carlos Cabo II

Hai case un mes falábavos da tese do profesor de instituto, Carlos Cabo que versa sobre o homeschool e iniciouse un debate nesa mensaxe sobre a mesma, así que tras publicar Azu no seu blogue unha carta de Carlos pedinlle permiso para tamén publicala aquí.

Gustaríame que lérades a carta de Carlos e tamén que aqueles que non teñades respostado á enquisa vos animarades a facela. Esta enquisa levantou moitas suspicacias e non entendo moi ben por que, por unha banda vexo normal (e saudável) que nós como obxecto de estudo debatamos sobre o que nos parece a enquisa e mesmo fagamos suxerencias sobre cómo nos gustaría que fose pero quizáis (e estou reflexionando en voz alta) temos que pensar que Carlos é un profesor de instituto que está a facer a súa tese sobre a educación en familia e él terá a súa propria óptica sobre o tema que pode estar máis ou menos cercana á nosa pero non ven a facernos mal.

Tamén vos animo a ler a entrevista que lle fixo Ipe para o Boletín virtual da Oficina en España de Clonlara School (por certo que lendo os meus comentarios vexo que me repito máis que o allo, Xesús!)

..................................................................................................................................

CARTA ABIERTA A TODAS LAS MADRES Y TODOS LOS PADRES QUE EDUCAN A SUS HIJOS EN CASA.

Me dirijo de nuevo a todas las madres y a todos los padres que educan a sus hijos en casa para agradecerles su participación en mi encuesta sobre el homeschooling en España, y para animar a los que todavía no han tenido la oportunidad de responder a ella a que lo hagan, pues su participación es muy importante para un mayor conocimiento de esta práctica educativa. Cuantos más testimonios se reciban, mejor representada quedará la gran variedad de opciones existentes en el colectivo de los que educan en familia, en nuestro país.

Quiero también aprovechar la ocasión para aclarar ciertos malentendidos y dudas que se han suscitado sobre la encuesta. Sé que ha habido personas que se han sentido molestas por no haberla recibido al mismo tiempo que las demás. Sobre esto, tengo que decir que en ningún caso fue mi intención el establecer prioridades en la comunicación de la misma. Simplemente fue divulgándose de forma aleatoria, sin seguir un orden preestablecido.

En cuanto a su contenido, quiero comentar que se trata de una encuesta abierta, en la que las respuestas son libres. Las opciones que se sugieren dentro de cada ítem no tienen otro objeto que el de ayudar en la respuesta. Si se está de acuerdo con ellas se seleccionan y si no, al final de cada pregunta o enunciado, aparece una casilla indicada como “Otra” u “Otro” donde se puede expresar la opción deseada y no sugerida. Alguien hizo la observación de que no se ofrecen todas las opciones en cada uno de los items. Es evidente que tal contingencia no es factible: 1.- porque es imposible ofrecer todas las respuestas posibles y, 2.- porque, en el caso de que lo fuera, convertiría la encuesta inviable, por su extensión.

En el apartado: “La Unidad familiar”, subapartado: “El principio de autoridad familiar”, entre las opciones propuestas, aparece: "El padre es el que manda, él establece las normas y reglas". Bueno, pues más de una persona ha echado en falta “La madre es la que manda, ella estable las normas y reglas”. Disculpas por ello. No obstante, vuelvo a decir que, si alguien desea expresar esta opción, no tiene más que incluirla en el apartado “Otras opciones”.

Las encuestas recibidas hasta el momento, que superan ampliamente el medio centenar, dan cuenta de la gran variedad de formas y maneras con las que se encara la educación en familia. Son muchos los enfoques metodológicos puestos en práctica, de la misma forma que son muchas las motivaciones que impulsan esta forma de educación. Considero importante disponer de los datos y de las cifras que me permitan definir y cuantificar estos parámetros. Nadie dudará que para dar cuenta de esta opción educativa, tan plural y rica en matices, es necesario disponer de un número grande de encuestas y de información complementaria que permita realizar una valoración justa y fundamentada del tema. Así pues, invito, de nuevo, a los que aún no han contestado a la encuesta, a que lo hagan de forma decidida, pues eso redundará en beneficio de todos.

El título de “Carta abierta” que encabeza este escrito es una invitación a la comunicación directa y permanente entre todos los que educan en casa y yo mismo. Tal hecho enriquecería el trabajo en el que estoy empeñado y contribuiría a un mayor conocimiento y a una mayor estima de la educación en casa.

E-mail: cabocarlos@gmail.com
Encuesta: http://carlos.scienceontheweb.net

Un saludo.

Carlos Cabo

18 de febrero de 2009

Bote you!!

É incrível que en apenas 32 anos cargáranse a ilusión. Eses son os anos que pasaron dende que recuperamos un dereito no que xa non creo, un dereito que está ferido de morte pola gangrena da fraude, por que como se lle pode chamar se non ao feito de que na España non fose necesario presentar un documento identificativo para votar nos consulados? E como se pode explicar o balbordo e as protestas trala decisión da Xunta Electoral? Porque este ano a Xunta Electoral sacou unha orde pola cal de agora en diante os "españois residentes no exterior" teñen a obrigación de identificarse (co Documento Nacional de Identidade ou o Pasaporte) cando voten nas eleccións, porque ata agora non se lles pedía ningunha identificación á hora de votar, nada escandaloso se o comparamos co feito de que as votacións podían realizarse en lugares tan "adecuados" como unha farmacia.

Pois ben, o problema é que o PSOE non está de acordo.
Moitas desas persoas carecen de DNI e/ou de pasaporte porque son documentos españois. Moitas desas persoas son fillos ou netos de emigrantes que nin sequera pisaron nunca o país. En España é obrigatorio o seu uso e posesión polos cidadáns españois, daquela... pode un "non español" decidir por nós quen nos vai a gobernar por moi fillo ou neto de españois que sexa? Seria lexítimo un goberno saído dunhas eleccións nas cales unha porcentaxe de persoas non residentes en España, sen nacionalidade española, sen documentación española, sen votar en urna, puidese decidir un ou varios escanos decisivos para formar goberno? Estámonos volvendo todos un pouco tolos neste país?

Nunha democracia representativa vótase en Urna co documento que acredite que un é cidadán para facelo, o resto queda fóra da democracia chámeselle como se lle chame.

Pero o poder ten os dedos moi longos e garantirase o voto por un "procedemento express".
Fotografía tomada do Xornal de Galicia hai días.


A semana pasada constituíuse a plataforma "Se resides, decides" que pide a reforma da Lei Orgánica de Rexime Electoral Xeral (LOREG, 5/1985) que regula o dereito ao voto e o seu exercicio. A plataforma defende que o voto sexa un dereito de residencia e non de "sangue".

É incrível que en apenas 32 anos xa non quereramos votalos, se non máis ben botalos! pero no a un en concreto se non máis ben a todos.

Xa hai uns anos que non voto, eu boto. E desta vez voltarei botar :(










--------------------------------- CASTELLANO ---------------------------


Es increíble que en apenas 32 años se cargaran la ilusión. Esos son los años que han pasado desde que recuperamos un derecho en el que ya no creo, un derecho que está herido de muerte por la gangrena del fraude, ¿por que cómo se le puede llamar si no al hecho de que en España no fuera necesario presentar un documento identificativo para votar en los consulados? ¿Y cómo se puede explicar el revuelo y las protestas tras la decisión de la Junta Electoral?

Este año la Junta Electoral ha sacado una orden por la cual de ahora en adelante los emigrantes tienen la obligación de identificarse (con el Documento Nacional de Identidad o el Pasaporte) cuando voten en las elecciones, porque hasta ahora no se pedía ninguna identificación a la hora de votar, nada escandaloso si lo comparamos con el hecho de que las votaciones podían realizarse en lugares tan "adecuados" como una farmacia.

Pues bien, el problema es que el PSOE no está de acuerdo.
Muchas de esas personas carecen de DNI y/o de pasaporte porque son documentos españoles. Muchas de esas personas son hijos o nietos de emigrantes que ni siquiera han pisado nunca el país.
En España es obligatorio su uso y posesión por los ciudadanos españoles, entonces... ¿puede un "no español" decidir por nosotros quien nos va a gobernar por muy hijo o nieto de españoles que sea? ¿Seria legítimo un gobierno salido de unas elecciones en las cuales un porcentage de personas no residentes en España, sin nacionalidad española, sin documentación española, sin votar en urna, pudiera decidir uno o varios escaños decisivos para formar gobierno? ¿Nos estamos volviendo todos un poco locos en este país?

En una democracia representativa se vota en Urna con el documento que acredite que uno es ciudadano para hacerlo, el resto queda fuera de la democracia se le llame como se le llame.

Pero el poder tiene los dedos muy largos y se garantizará el voto por un "procedimiento express".

La semana pasada se constituyó la plataforma "Se resides, decides" que pide la reforma de la Ley Orgánica de Regimen Electoral General (LOREG, 5/1985) que regula el derecho al voto y su ejercicio. Defiende que el voto sea un derecho de residencia y no de "sangre".



Es increíble que en apenas 32 años ya no querramos votarlos, si no más bien botarlos pero no a uno en concreto si no más bien a todos.

Ya hace unos años que no voto, yo boto. Y esta vez volveré a botar :(

Máis mimiños!!

Non mo podo crer!! seguen a mimarme!!
E incrível como reconfortan istos pequenos xestos.
Moitas grazas a:

Alby, do blogue ¿Sabías que...?, que me concede o Premio Dardo
Con el Premio Dardo se reconocen los valores que cada blogger emplea al transmitirlos como culturales, éticos, literarios, personales, etc., que, en suma, demuestran su creatividad a través del pensamiento vivo que está y permanece intacto entre sus letras, entre sus palabras. Esos sellos se crearon con la intención de promover la confraternización entre los bloggers, una forma de demostrar cariño y reconocimiento por un trabajo que añada valor a la Web.

Sandra, do blogue Mas allá del infinito, que me concede o Premio Blogue de Ouro


Dende o blogue de Cuatro en familia danme o Premio Blogue de ouro e máis o Premio Amigas bloggeras

Mónica, do blogue Mi hijo mi maestro, dame o Premio Blogue de ouro: "por animarnos tan calurosamente a hacer cositas".

Isabel, do blogue A escola é bela, concedeume tamén o Premio Blogue de ouro.


Moitas, moitas grazas polos mimiños, de todo corazón. :D

15 de febrero de 2009

Proxecto semanal todo corazón

Nós xa comezáramos co tema o Día da Candeloria que é o día do amor na Galiza pois é cando "casan os paxariños", e xa fomos traballando con corazóns dende ese día.

Eu cosín dous colares de corazóns que tiña encargados para dúas meniñas. Levan un axóuxere deses de cores, adoro que soen campaíñas cando se moven os nenos.


Despois fixemos un enfeite cuns preciosos debuxos de Inside A Black Apple (clicando enriba podedes baixalos) que loce enriba da cama grande.


Tamén fomos un día a ver o Salón do Libro Infantil e Xuvenil da cidade de Pontevedra que este ano está adicado ó Amor e a verdade é que nos decepcionou un pouco, o ano pasado non fomos mas o anterior si e a posta en escena era realmente boa, tratábase dos contos de medo e ademáis da inmensidade de traballos escolares que había, as instalacións que fixeran eran boísimas. Este ano había moi poucos traballos das escolas (varias persoas de distintas escolas contáronnos que non puideron presentar os traballos pois a organización non llos admitiu por problemas coas medidas ou algo así, polo visto houbo certa descordinación) .
Abaixo vedes dous fotos de dous traballos de dúas escolas.

Tamén fixeron uns corazóns para a avoa que estaba de cumpreanos, cun debuxo e tamén cun "parabéns avoa" escrito. Despois fixerámoslle un buraquiño e atámoslles un fío da mesma cor que os brillos e ficaron realmente bonitos pendurados no moble da avoa.



E para rematar fixemos unha grilanda de corazóns con estas cousas que creio que chaman "limpapipas" non?


Para facer os corazóns non tedes máis que doblar á metade o arame, enroscalo arriba e darlle a forma.


Despois de visitar a feira do amor (a do libro infantil e xuvenil que vos falei arriba) engadimos o cartaz do evento á decoración.

Inventeime un premio!! :D

Ala! :D
Quérovos premiar a todos os que me seguides nesta fermosa tolemia que é o proxecto semanal, espero non esquecerme de ninguén e se hai alguén que participara e non o nombro que non pense mal, ou sí, que pense o mal que teño a cabeza!! e que avise para engadilo á lista.

Así que o premio-mimiño vai para os seguintes entusiastas participantes:

Participantes do proxecto semanal: RODAR

Alzar el vuelo


Creciendo unidos


Cuatro en familia


Cuatro en la cama


Dálle un coliño


Mi hijo mi maestro


La mejor mami del mundo


Lo que hacemos juntos
(Sen fotografía)

Orca: Observar, Recordar, Crecer y Aprender





Palabra clave desta semana: TERRA (Tierra)
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (corazón) nesta mensaxe.

14 de febrero de 2009

Unha epidemia!!

Nos últimos días vimos desfrutando dunha marabillosa epidemia de amor que se propaga por mimos, memes e premios de blogue en blogue. Xa fun infectada por este virus varias veces e encántame!!

Os últimos contaxios viñeron de:
Dende Descobrim el mon dánme o premio Blogue de ouro, "Pel blog tan chulo que té i per totes les seves iniciatives que fan que no ens apalanquem i treballem en els nostres blogs".

Dende Mis hijos mi oro dánme o premio ás Amigas blogueras, "Porque nos hemos conocido virtualmente, son quienes más se pasan por aquí, conversamos de blog a blog... y es todo 100% autentico".

Desde Hechiceros dánme o mimo Este blog é uma joia acompañado duns preciosos desexos.

E a miña xemelguiña enviome un meme-concurso ó que xa non cheguei a tempo pero que llo agradezo igualmente.


Feliz día de San Valentín a todos

Proxecto trimestral: Océano

Durante estos meses que adicamos ó proxecto trimestral adicado ós océanos (que ó final alargouse un bocadiño máis), non só fixemos actividades relacionadas co tema senón que tamén tentei que "as fichas" tiveran relación co proxecto trimestral e así pescamos peixes de distintas formas xeométricas (matemáticas), recortamos animáis mariños (motricidade), etc.

O noso Lapbook está practicamente rematado, a ver se lle saco unhas fotos para ensinárvolo enteiro, namentres deixovos un adianto.


Algúns recursos máis:
Se alguén quere procurar máis información sobre o que fixemos, que procure na etiqueta "proxecto trimestral".

Nacemento dun golfiño: Este vídeo gustou moito, tanto que o vimos non-sei-cantas veces seguidas, a verdade é que é fermosísimo ver o ledos que se poñen os dous, emociona.


  • A gaivota da coviña: Actividades para nenos nas que se traballa un conto sobre as consecuencias ecolóxicas tras a catástrofe do Prestige.
  • Aquarium - Musical Sea Life: Unha das moitísimas e excelentes actividades de Poisson Rouge. Na casa poden pasar horas dentro deste océano
  • The reef: Unha web para que os nenos constrúan un arrecife coa súa fauna, flora,...
  • Ocean Quest 2004

11 de febrero de 2009

Mudando o martes polo mércores

Pois iso, que mudo o recén inaugurado post-mistura dos martes para os mércores e para non perder o costume tráiovos outra morea de blogues homeschoolers, anímovos a que deixedes un comentario en cada un deles, sobretodo nos blogues dos cativos pois se a nós nos fai ilusión recibilos, imaxinade a eles!! :)
  1. Mi escuela. Ekam ten 8 anos e ven de estrenar este blogue cunha primeira mensaxe moi interesante.
  2. Aprendre Jugant. Blogue de Llüisa, doula, dende o Alto Penedés.
  3. Quijote de andar por casa. O blogue de Jose Mari desde Navalpino (si, é o home de "Macedonia de fruta dulce")
  4. Mis dibujos animados. Outro blogue de Jacqueline, vaivos encantar e ós pequenos aínda máis.
  5. Javier, o fillo pequeno de Jacqueline, tráenos máis blogues interesantes dende As Palmas: Las mejores fotos, Como vino se fue.
  6. Nuestro cuaderno de campo é o novo blogue conxunto de Esther e o seu fillo maior Elías.


Hoxe quérovos animar a participar no SpringAlive!, que é unha fermosa actividade para dar a benvida ás aves que voltan co calor na que participan nenos de toda Europa. Unha oportunidade para mirar para o ceo, falar das aves migratorias, das estacións,... Están a preparar materiais para o profesorado, así que estaremos atentos.
Obrigada a valedegil do Pés na relva quem nos falou desta actividade.



O outro día chegoume por e-mail este maravilloso conto escrito por Nunila López Salamero e ilustrado por Myriam Cameros Sierra que é unha versión dos contos de princesas de toda a vida.

Se queredes mercalo impreso podedes dirixirvos ó blogue conxunto das autoras, que se chama como o conto: La cenicienta que no quería comer perdices



Gostaría de partillar con vos os meus últimos descubrimentos, esas pequenas cousas que aledan a vista pola súa beleza, como é a web de Apoline à Paris que é en si mesma unha obra de arte. E o outro día namoreime desta Venus da tenda de Barn Fire Studio.
(Premendo enriba a vedes en todo o seu esplendor). Non deixedes de visitar a tenda para ver as cousas tan increívelmente bonitas que teñen.
E se a algunha lle sobran 15.000$ e quere facerme un agasallo, pois pode ir encargando esta fermosa cama:

Por último quixera que alguén me dixera como demo fan estas cousas tan preciosas:
Porque aí onde o vedes iso é papel recortado!! Eu xa coñecía a magnífica obra en papel de Elsita (Elsa Mora) pero hai moitos outros artistas da tesoira :D Esta obra é de Paper cut die cut's


E mirade qué "coisa máis linda" tocoume nun sorteo que organizaba The Crafty Crow. É de Be My Vintage Valentine e na foto no se aprecia pero ten o bordo do chapeu en prateado e por detrás escrito con caligrafía dun aprendiz de escritor o nome do neno ó que pertenceu e que quizais hoxe sexa avó, unha fofadiña!!

(Gústavos cómo tuneei a lámpada con esos perendengues?)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails