21 de julho de 2008

Nomes galegos de muller

Chámalle X!
Cando unha está grávida é tempo de procurar un nome para o futuro fillo, e pra facilitarvos esa procura é que vos deixo unha listaxe dalgúns nomes galegos, xa é hora de que aos gallegos tamén lles chamen en galego!! Por certo que me chama moito a atención que agora sexa corrente porlle nomes galegos ós nenos fora das nosas fronteiras sen ser os pais galegos ou descendentes.

(A fotografía sacouna miña segunda filla)

***** Nomes para muller *****
A
ADEGA.- Grego: Boa.
AFONSINA.- Xermano: Preparada para a loita.
AGOSTIÑA.- Latin: Derivado de Augusto, consagrada polos augures.
ALBORADA.- Latin: Aurora branca.
ALDARA.- Xermano: Insigne e sábia no combate.
ALEXANDRA.- Grego: Muller defensora, protectora.
ALODIA.- Xermano: Terra íntegra, libre.
ALOIA.- Latin: Louvanza.
AMABEL.- Latin: Que ama, amábel.
AMAIA.- Basco: Pasto.
ANISIA.- Grego: Anisada, con aroma a fiúncho.
ANTIA.- Grego: Tirada, sacada das flores.
ANTONIÑA.- Grego: (através do latin): Florida.
ANXA.- Grego: Mensaxeira.
ANXELA.- Grego: Mensaxeira.
ANXELICA.- Grego: Anxelical ou própria dos mensaxeiros.
ANXOS.- Grego: Mensaxeiros.
AREA.- Latin: Area.
ARXENTINA.- Latin: Prateada, sonora como a prata.
ASUNTA.- Latin: Subir ao ceu, ascender.

B
BAIA.- Grego: Ben falada, elocuente.
BELXICA.- Latin: Relativo ao pobo dos Belgas.
BENEDITA.- Latin: Ben nomeada, bendita.
BENVIDA.- Latin: Benvida.
BENXAMINA.- Hebreu: Filla predilecta.
BERENICE.- Grego: Portadora da vitória.
BERTA.- Xermano: Ilustre, famosa, brillante.
BIEITA.- Latin: Ben nomeada, bendita.
BRANCA.- Xermano: Branca, nobre, brillante.
BRIXIDA.- Celta: Poboación elevada, colónia.

C
CAETANA.- Latin: Alegre.
CAMELIA.- Latin: Nome de flor.
CAMIÑO.- Celta: Camiño.
CARIDADE.- Latin: Amor, afecto, caridade.
CARME.- Hebreu: Viña, xardin // Latin: Poema ou canto.
CARMO.- Hebreu: Viña, xardin // Latin: Poema ou canto.
CATUXA.- Grego: Pura, imaculada, graciosa. (Catarina)
CLAUDINA.- Latin: Da família Claudia, coxa.
CLODIA.- Latin: Da família Claudia, coxa.
COMBA.- Latin: Pomba, rola, símbolo da paz e da pureza.
CONCEIZON.- Latin: Acto de receber ou conceber.
CORA.- Grego: Moza, doncela.

D
DELIA.- Grego: Deusa, natural da illa de Delos.
DOA.- Latin: Regalo.
DORA.- Grego: Regalo.
DORES.- Latin: Dores, sofrimentos.

E
EDENIA.- Hebreu: Xardin delicioso.
EDITE.- Xermano: Riqueza e combate.
EDUVIXES.- Xermano: Guerreira vitoriosa na batalla.
ELBA.- Celta: Alta montaña.
ESCRAVITUDE.- Latin: De escravo, nome dun pobo eslavo.
ESTER.- Hebreu: Astro, estrela.
ESTRELA.- Latin: Estrela.
EUFROSINA.- Grego: Ledícia, alegria, bo humor. (eufrasia)
EUXENIA.- Grego: Ben nacida, nobre.
EVANXELINA.- Grego: Boa nova.
EXERIA.- Grego: Que se move.

F
FELICIDADE.- Latin: Felicidade.
FELICITA.- Latin: Felicidade.
FILIPA.- Grego: Amiga dos cabalos.
FIRMINA.- Latin: Firme, segura.
FRANQUEIRA.- Xermano: Lugar aberto; lugar dos libres.
FREDERICA.- Xermano: Princesa da paz, pacificadora.
FROILA.- Xermano: Terra do señor.
FROITOSA.- Latin: Fértil, fructífera.
FULXENCIA.- Latin: Relucente, refulxente.

G
GASPARA.- Persa: Administradora do tesouro.
GLAUCA.- Grego: Verde, da cor da mar.
GUDULA.- Xermano: Deusa, batalla.
GUIA.- Xermano: Persoa que guia, que conduce, escolta.
GUIOMAR.- Xermano: Muller ilustre, combate ilustre.

H
HADRIANA.- Latin: Nacida na Hádria.
HELADIA.- Grego: Nativa da Hélade, Grécia.
HELENA.- Grego: Grega, da Grécia, muller moi bela.
HELIA.- Grego: Sol.
HERMENEXILDA.- Xermano: Guerreira valerosa e prudente.
HERMIDAS.- Latin: Pequena igrexa solitária.
HERODIAS.- Grego: Gobernadora.
HERUNDINA.- Xermano: Deusa e esposa.
HIXINIA.- Grego: Sa, que goza de boa saúde, hixiénica.
HONORINA.- Latin: Honorábel. (honoria)

I
IDA.- Xermano: Traballo, actividade.
IFIXENIA.- Grego: Forte desde o seu nacimento.
IOLANDA.- Latin: Violeta, flor, derivado de viola.
IRIA.- Basco-cántabro: Pedra, vila.
IRIMIA.- Topónimo do nacimento do rio Miño.
IRLANDA.- Celta: Terra de Erin.

L
LEA.- Latin: Leoa.
LEDA.- Latin: alegre.
LEDICIA.- Latin: Grande alegria.
LEILA.- Persa: noite.
LIA.- Hebreu: Cansa, fatigada // Leoa.
LIBERDADE.- Latin: Liberdade.
LILIA.- Latin: Lírio.
LOCAIA.- Grego: Natural da illa grega de Leucas.
LOURENZA.- Latin: Coroada de loureiro, vitoriosa.
LUA.- Latin: Lua.
LUPA.- Latin: Loba.
LURDES.- Francés-occitano: Outeiro rochoso, topónimo desta localidade.

M
MADALENA.- Hebreu: Natural de Magdala.
MARGARIDA.- Latin: Pérola, flor.
MARIÑA.- Latin: Proveniente do mar, mariñeira.
MARTIÑA.- Latin: Adicada a venerar a Marte.
MELINA.- Latin: Dóce.
MERCE.- Latin: Favores, grácias, dons.
MERCES.- Latin: Favores, grácias, dons.
MILAGRES.- Latin: Marabilla, milagre, prodíxio.

N
NATIVIDADE.- Latin: Xeración, nacimento.
NEVES.- Latin: Neve.
NOEMIA.- Hebreu: A miña ledícia. (Noemí)

O
OLALLA.- Grego: Ben falada, elocuente.
OLINDA.- Xermano: Lanceira da illa.
OLIVA.- Latin: Oliva.
ONDA.- Latin: Onda do mar.
ORIANA.- Latin: A que naceu.
OROSIA.- Latin: Que ten moita boca, moi faladora.

P
PASTORIZA.- Latin: Relativa á Pastora.
PELAXIA.- Grego: Mariñeira, muller de mar.
PEREGRINA.- Latin: Que vai polo campo.
PERFEITA.- Latin: Perfeita.
PIEDADE.- Latin: Piedade.
POLIXENA.- Grego: Hospitalária.
POMBA.- Latin: Pomba, rola.
POMPEIA.- Latin: Fastuosa, pomposa.
PRACIDA.- Latin: Tranquila, apacíbel.
PRISCA.- Latin: Antiga, venerábel.

Q
QUITERIA.- Grego: Túnica curta.

R
REIS.- Latin: Reis.
REXINA.- Latin: Raíña.
ROSALIA.- Latin: Derivado de rosa.
ROXANA.- Persa: Brillante.
ROXELIA.- Xermano: Vitoriosa, esperta, gloriosa pola sua lanza.
ROXERIA.- Xermano: Vitoriosa, esperta, gloriosa pola sua lanza.
RUTE.- Hebreu: Amizade, compaña, beleza.

S
SABELA.- Hebreu: Variante de Isabel, o deus Baal é saúde.
SALETA.- Francés: Topónimo desta localidade francesa.
SAMANTA.- Arameu: Que escoita.
SILVANA.- Latin: Selvática, do bosque.
SILVINA.- Latin: Silvestre.
SOIDADE.- Latin: Soidade.

T
TAREIXA.- Grego: Cazadora, animal selvaxe.
TECLA.- Grego: Marabillosa, glória de Deus.
TEODOLINDA.- Xermano: Escudo do pobo.
TITA.- Latin: Protexida, honrada.
TREGA.- Grego: Marabillosa, glória de Deus.
TRINDADE.- Latin: Trindade, número de tres.

U
ULTREIA.- Grego: Adiante.
UXIA.- Grego: Ben nacida, nobre.

V
VAL.- Latin: Val.
VIOLANTE.- Latin: Viola ou violeta, nome de flor.
VIRXINIA.- Latin: Virxinal.

X
XACINTA.- Grego: Flor.
XANDRA.- Grego: A que torna o inimigo.
XAQUELINA.- Hebreu: A segunda, a que ven detrás.
XASMIN.- Persa: Xasmin, flor.
XASMINA.- Persa: Xasmin, flor.
XEMA.- Latin: Xema, pedra preciosa.
XENARA.- Latin: Relativa ao mes de Xaneiro.
XENEROSA.- Latin: Xenerosa.
XENEVRA.- Céltico: A máis branca entre os Elfos.
XENIA.- Grego: Hospitalária.
XENOVEVA.- Xermano: Muller de boa estirpe, muller nobre.
XENXA.- Latin: Variante de Inocéncia. Inofensiva, honesta, sen culpa.
XEORXINA.- Grego: Labrega.
XERALDINA.- Xermano: Forte coa lanza, forte, fiel.
XERMANA.- Xermano: Irmá.
XERONIMA.- Grego: Nome santo.
XERTRUDE.- Xermano: Amiga da lanza, fiel.
XERVASIA.- Xermano: Aguda como un venablo.
XESUSA.- Hebreu: Salvadora.
XIANA.- Latin: Referido ao xentilício da família Iulia, adicada a Xúpiter.
XILDA.- Bretón-Celta: Valiosa, valente.
XIMENA.- Hebreu: Deus escoitou-me.
XISELA.- Xermano: Frecha, forte pola sabedoria.
XOANA.- Hebreu: Deus é misericordioso.
XOAQUINA.- Hebreu: Deus construirá.
XONXA.- Latin: Variante de Asunción. Subir ao ceu, ascender.
XOSEFA.- Hebreu: Sentada á dereita de Deus, regalo de Deus.
XOSEFINA.- Hebreu: Sentada á dereita de Deus, regalo de Deus.
XUDITE.- Hebreu: A xudea, a hebrea.
XULIA.- Latin: Xentilício da família Iulia, adicada a Xúpiter.
XULIANA.- Latin: Referido ao xentilício da família Iulia, adicada a Xúpiter.
XULIETA.- Latin: Referido ao xentilício da família Iulia, adicada a Xúpiter.
XUNQUEIRA.- Latin: Lugar cheo de xuncos, xunqueira.
XUSTA.- Latin: Xusta, recta, de lei.
XUSTINA.- Latin: Xusta, recta, de lei.
XUVENTINA.- Latin: A que posue xuventude ou mocidade.

Z
ZAIRA.- Arabe: Florida.
ZENOBIA.- Grego: Vida doada por Zeus.
ZULIMA.- Arabe: Pacífica. (Zulema)



Máis información en:



1 comentário:

  1. Un nome moi galego e que che falta na lista é Zeltia (terra dos celtas, que era como E. Pondal lle chamaba a Galiza)

    ResponderEliminar

Gracias por pasar por aquí y dejarme tus palabras :)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails