15 de fevereiro de 2009

Proxecto semanal todo corazón

Nós xa comezáramos co tema o Día da Candeloria que é o día do amor na Galiza pois é cando "casan os paxariños", e xa fomos traballando con corazóns dende ese día.

Eu cosín dous colares de corazóns que tiña encargados para dúas meniñas. Levan un axóuxere deses de cores, adoro que soen campaíñas cando se moven os nenos.


Despois fixemos un enfeite cuns preciosos debuxos de Inside A Black Apple (clicando enriba podedes baixalos) que loce enriba da cama grande.


Tamén fomos un día a ver o Salón do Libro Infantil e Xuvenil da cidade de Pontevedra que este ano está adicado ó Amor e a verdade é que nos decepcionou un pouco, o ano pasado non fomos mas o anterior si e a posta en escena era realmente boa, tratábase dos contos de medo e ademáis da inmensidade de traballos escolares que había, as instalacións que fixeran eran boísimas. Este ano había moi poucos traballos das escolas (varias persoas de distintas escolas contáronnos que non puideron presentar os traballos pois a organización non llos admitiu por problemas coas medidas ou algo así, polo visto houbo certa descordinación) .
Abaixo vedes dous fotos de dous traballos de dúas escolas.

Tamén fixeron uns corazóns para a avoa que estaba de cumpreanos, cun debuxo e tamén cun "parabéns avoa" escrito. Despois fixerámoslle un buraquiño e atámoslles un fío da mesma cor que os brillos e ficaron realmente bonitos pendurados no moble da avoa.



E para rematar fixemos unha grilanda de corazóns con estas cousas que creio que chaman "limpapipas" non?


Para facer os corazóns non tedes máis que doblar á metade o arame, enroscalo arriba e darlle a forma.


Despois de visitar a feira do amor (a do libro infantil e xuvenil que vos falei arriba) engadimos o cartaz do evento á decoración.