Quérovos premiar a todos os que me seguides nesta fermosa tolemia que é o proxecto semanal, espero non esquecerme de ninguén e se hai alguén que participara e non o nombro que non pense mal, ou sí, que pense o mal que teño a cabeza!! e que avise para engadilo á lista.
Así que o premio-mimiño vai para os seguintes entusiastas participantes:
- Adivina cuánto te quiero Porque recén chegado o novo membro á familia, xa estaban ahí participando no proxecto.
- A familia dos tartarouchos, a quen lles perdoamos as ausencias pola nova incorporación á familia :)
- Amigos homeschoolers para ver se voltan acompañarnos nos proxectos, que nos deixaron abandonadas :)
- Anar aprenet, que tamén nos acompañan a miúdo cos seus orixinais proxectos.
- Alzar el vuelo Porque xa participaron un par de veces e espero que o fagan máis :)
- Bajo el diente de león, porque me sinto culpável de que os seus veciños pensen que están aínda máis tolos ;)
- Creciendo unidos Tamén foi o seu primeiro proxecto esta semana e espero que non último.
- Cuatro en familia Están acompañándome dende o principio e empezamos cun só participante (Teresa) e agora xa se uniu tamén o pequeno Francesc :D
- Cuatro en la cama Tamén fieis a nosa cita, tanto que o pequeno Santi xa fai as súas proprias propostas :)
- De cangrejos y ermitaños que nos abandonaron co que nos gustaban os seus desbaralles!
- Descobrim el mon, para que se animen a participar máis a miudo :)
- Desde mi cordillera de los andes, que tamén nos acompañan às veces
- Grillos y canarios, para que se animen a participar a miudo.
- Hechiceros, para ver se participan máis cos seus fermosos proxectos
- Mermelada de naranjas amargas, que empezou con nós e perdeuse no camiño :)
- Mi hijo mi maestro, para que volten participar co seu pequeno e coa barrigola (sabíades que está embarazada?)
- La mejor mami del mundo Que empezou hai dúas semanas e espero que siga moito tempo.
- Lo que hacemos juntos Porque recén unidos abandonáronnos :(
- Orca: Observar, Recordar, Crecer y Aprender Tamén fieis todas as semanas á cita, uns expertos en perlas Hama!
- Paideia en familia, para que se animen a participar outra vez
- Pés na relva, porque tamén están con nós semana tras semana
- Prossigo para o alvo, para que non deixen de facer o proxecto agora que empezaron
- Vidrio, papel o tijera, porque só participaron unha vez se a memoria non me falla e porque espero que o volten facer :)