24 de fevereiro de 2009

Proxecto trimestral: OCÉANO

Xa temos rematado o proxecto trimestral adicado ó océano e ó medio mariño en xeral, fixemos un fermoso mural que baixamos de Learning Page, así como as figuras que nel nadan.



Fixemos un montón de fichas co tema de fondo marítimo: de matemáticas, de lecto-escritura, de grafomotricidade,... gustaríame partillar todas e cada unha delas pero como as fun collendo de distintos sitios en distintos días, fáiseme imposível!

Tamén fixemos un lapbook, este é o video:


E aqui tedes algunhas fotos porque no video ve-se tan pequeniño que non se aprecia.
Os elementos do lapbook son na súa meirande parte feitos por min, aínda que as ilustracións saqueinas da rede, claro :)

O mini pop-up do golfiño (non rías Marvan que te vexo) nadando diante do barco e embaixo unha carpetiña con estrelas cos números do 1 ó 10.

Ademáis polo pop-up hai diseminadas un montón de estrelas de mar de distintas cores e pódese facer con elas o exercicio de contalas na súa totalidade ou por cores.

Uns libriños cos medios de transporte marítimos e á esquerda temos outro libriño feito con dous cancións e un poema: "My bonnie lies over the ocean", "un barquito chiquitito que no sabía navegar" e a "Canción del pirata" de Espronceda.



Debaixo está unha fotografía dos pequenos na praia. E na roda aparecen debuxos dunha Orca, dunhas Ostras, do Océano, e dunha Onda (obra de Katsushika Hokusai, que coñecían grazas os fantásticos debuxos de Litle Einstein -premendo enriba podedes ver algúns deles-)


Despois podemos navegar polo fondo do mar nun submarino (por suposto amarelo) .
Debaixo unha roda cos debuxos e os nomes dos océanos do mundo (se non erra a miña memoria foron sacados da wiki).