O proxecto semanal desta semana tiña como palabra clave "terra" e nós, aproveitando o bó tempo que permite pasar máis horas no exterior sen medo a acabar enchoupado aproveitamos para realizar labores de xardinería.
Primeiro aproveitamos para plantar en maceta unhas sementes de flores primaverais que tiñamos mercado.
Foi moi importante ;) seguir ó pé da letra as instrucións que acompañaban ás sementes (primeiro se plantan, despois se regan, despois dálles o sol,...)
E tamén aproveitamos para transplantar un lilo (Syringa vulgaris) e tamén para plantar algún que outro arbusto. E como non para xogar coa terra e coas miñocas que íamos atopando.
Moito éxito tivo esto de andar coas máns na terra e ollade que boa terra!!