Pois iso, que mudo o recén inaugurado post-mistura dos martes para os mércores e para non perder o costume tráiovos outra morea de blogues homeschoolers, anímovos a que deixedes un comentario en cada un deles, sobretodo nos blogues dos cativos pois se a nós nos fai ilusión recibilos, imaxinade a eles!! :)
- Mi escuela. Ekam ten 8 anos e ven de estrenar este blogue cunha primeira mensaxe moi interesante.
- Aprendre Jugant. Blogue de Llüisa, doula, dende o Alto Penedés.
- Quijote de andar por casa. O blogue de Jose Mari desde Navalpino (si, é o home de "Macedonia de fruta dulce")
- Mis dibujos animados. Outro blogue de Jacqueline, vaivos encantar e ós pequenos aínda máis.
- Javier, o fillo pequeno de Jacqueline, tráenos máis blogues interesantes dende As Palmas: Las mejores fotos, Como vino se fue.
- Nuestro cuaderno de campo é o novo blogue conxunto de Esther e o seu fillo maior Elías.

Hoxe quérovos animar a participar no
SpringAlive!, que é unha fermosa actividade para dar a benvida ás aves que voltan co calor na que participan nenos de toda Europa. Unha oportunidade para mirar para o ceo, falar das aves migratorias, das estacións,... Están a preparar materiais para o profesorado, así que estaremos atentos.
Obrigada a valedegil do
Pés na relva quem nos falou desta actividade.

O outro día chegoume por e-mail este maravilloso conto escrito por Nunila López Salamero e ilustrado por Myriam Cameros Sierra que é unha versión dos contos de princesas de toda a vida.
Se queredes mercalo impreso podedes dirixirvos ó blogue conxunto das autoras, que se chama como o conto:
La cenicienta que no quería comer perdices
Gostaría de partillar con vos os meus últimos descubrimentos, esas pequenas cousas que aledan a vista pola súa beleza, como é a web de
Apoline à Paris que é en si mesma unha obra de arte. E o outro día namoreime desta Venus da tenda de
Barn Fire Studio.

(Premendo enriba a vedes en todo o seu esplendor). Non deixedes de visitar a tenda para ver as cousas tan increívelmente bonitas que teñen.
E se a algunha lle sobran 15.000$ e quere facerme un agasallo, pois pode ir encargando esta fermosa cama:

Por último quixera que alguén me dixera como demo fan estas cousas tan preciosas:

Porque aí onde o vedes iso é papel recortado!! Eu xa coñecía a magnífica obra en papel de Elsita (
Elsa Mora) pero hai moitos outros artistas da tesoira :D Esta obra é de
Paper cut die cut's
E mirade qué "coisa máis linda" tocoume nun sorteo que organizaba
The Crafty Crow. É de
Be My Vintage Valentine e na foto no se aprecia pero ten o bordo do chapeu en prateado e por detrás escrito con caligrafía dun aprendiz de escritor o nome do neno ó que pertenceu e que quizais hoxe sexa avó, unha fofadiña!!
(Gústavos cómo tuneei a lámpada con esos perendengues?)