18 de fevereiro de 2009

Bote you!!

É incrível que en apenas 32 anos cargáranse a ilusión. Eses son os anos que pasaron dende que recuperamos un dereito no que xa non creo, un dereito que está ferido de morte pola gangrena da fraude, por que como se lle pode chamar se non ao feito de que na España non fose necesario presentar un documento identificativo para votar nos consulados? E como se pode explicar o balbordo e as protestas trala decisión da Xunta Electoral? Porque este ano a Xunta Electoral sacou unha orde pola cal de agora en diante os "españois residentes no exterior" teñen a obrigación de identificarse (co Documento Nacional de Identidade ou o Pasaporte) cando voten nas eleccións, porque ata agora non se lles pedía ningunha identificación á hora de votar, nada escandaloso se o comparamos co feito de que as votacións podían realizarse en lugares tan "adecuados" como unha farmacia.

Pois ben, o problema é que o PSOE non está de acordo.
Moitas desas persoas carecen de DNI e/ou de pasaporte porque son documentos españois. Moitas desas persoas son fillos ou netos de emigrantes que nin sequera pisaron nunca o país. En España é obrigatorio o seu uso e posesión polos cidadáns españois, daquela... pode un "non español" decidir por nós quen nos vai a gobernar por moi fillo ou neto de españois que sexa? Seria lexítimo un goberno saído dunhas eleccións nas cales unha porcentaxe de persoas non residentes en España, sen nacionalidade española, sen documentación española, sen votar en urna, puidese decidir un ou varios escanos decisivos para formar goberno? Estámonos volvendo todos un pouco tolos neste país?

Nunha democracia representativa vótase en Urna co documento que acredite que un é cidadán para facelo, o resto queda fóra da democracia chámeselle como se lle chame.

Pero o poder ten os dedos moi longos e garantirase o voto por un "procedemento express".
Fotografía tomada do Xornal de Galicia hai días.


A semana pasada constituíuse a plataforma "Se resides, decides" que pide a reforma da Lei Orgánica de Rexime Electoral Xeral (LOREG, 5/1985) que regula o dereito ao voto e o seu exercicio. A plataforma defende que o voto sexa un dereito de residencia e non de "sangue".

É incrível que en apenas 32 anos xa non quereramos votalos, se non máis ben botalos! pero no a un en concreto se non máis ben a todos.

Xa hai uns anos que non voto, eu boto. E desta vez voltarei botar :(










--------------------------------- CASTELLANO ---------------------------


Es increíble que en apenas 32 años se cargaran la ilusión. Esos son los años que han pasado desde que recuperamos un derecho en el que ya no creo, un derecho que está herido de muerte por la gangrena del fraude, ¿por que cómo se le puede llamar si no al hecho de que en España no fuera necesario presentar un documento identificativo para votar en los consulados? ¿Y cómo se puede explicar el revuelo y las protestas tras la decisión de la Junta Electoral?

Este año la Junta Electoral ha sacado una orden por la cual de ahora en adelante los emigrantes tienen la obligación de identificarse (con el Documento Nacional de Identidad o el Pasaporte) cuando voten en las elecciones, porque hasta ahora no se pedía ninguna identificación a la hora de votar, nada escandaloso si lo comparamos con el hecho de que las votaciones podían realizarse en lugares tan "adecuados" como una farmacia.

Pues bien, el problema es que el PSOE no está de acuerdo.
Muchas de esas personas carecen de DNI y/o de pasaporte porque son documentos españoles. Muchas de esas personas son hijos o nietos de emigrantes que ni siquiera han pisado nunca el país.
En España es obligatorio su uso y posesión por los ciudadanos españoles, entonces... ¿puede un "no español" decidir por nosotros quien nos va a gobernar por muy hijo o nieto de españoles que sea? ¿Seria legítimo un gobierno salido de unas elecciones en las cuales un porcentage de personas no residentes en España, sin nacionalidad española, sin documentación española, sin votar en urna, pudiera decidir uno o varios escaños decisivos para formar gobierno? ¿Nos estamos volviendo todos un poco locos en este país?

En una democracia representativa se vota en Urna con el documento que acredite que uno es ciudadano para hacerlo, el resto queda fuera de la democracia se le llame como se le llame.

Pero el poder tiene los dedos muy largos y se garantizará el voto por un "procedimiento express".

La semana pasada se constituyó la plataforma "Se resides, decides" que pide la reforma de la Ley Orgánica de Regimen Electoral General (LOREG, 5/1985) que regula el derecho al voto y su ejercicio. Defiende que el voto sea un derecho de residencia y no de "sangre".



Es increíble que en apenas 32 años ya no querramos votarlos, si no más bien botarlos pero no a uno en concreto si no más bien a todos.

Ya hace unos años que no voto, yo boto. Y esta vez volveré a botar :(

16 comentários:

  1. Tes toda a razón. Pero bo, podemos empezar porque a democracia non existe, pois só piden consulta cando queren e do que queren. Se o poder residise no pobo de verdade, moitas cousas serían diferentes e moitos conflitos xa non existirían porque os crean os políticos. Xa que a anarquía non é viable aínda pola educación recibida, polo menos hai que conseguir unha democracia directa.

    ResponderEliminar
  2. Acabas de expresar dunha forma marabillosa o que eu levo pensando e dicindo dende hai un montón de anos.Que dereito ten a decidir quen me vai gobernar a min, unha persoa que nunca estivo na Galiza, nin ten pensado estar?.
    Aquí decidese o voto non por onde vives, traballas, pagas impostos, axudas no que podes o desenvolvemento do teu medio; resulta que vivimos nun país en que o voto é hereditario e un neto dun emigrante de hai cen anos, que non lle importa nada Galiza vai decidir comigo o goberno que imos ter os galegos e non só iso, senón tamén, que ademais vai votar polo seu avó que leva morto hai dez anos.
    Aquí están implicadas todas as forzas políticas, ningún partido está libre de culpa (uns máis e outros menos) pero todos están implicados.
    O que me parece triste tamén é o ben que falan os nosos políticos, non hai máis que escoitalos estes días, algún deles non ten nin os máis mínimos coñecementos do idioma.
    Como podemos elixir a un presidente autónomo que nin se molestou en facer un cursiño de galego?. Para poder opositar a calquera posto tes que ter coñecemento da lingua, como é lóxico, e resultas que nos dexamos gobernar por xente que só fala galego "na intimidade".
    Un biquiño

    ResponderEliminar
  3. Zäit qué agradable sorpresa tu visita :D
    Muchas gracias por el esfuerzo de escribir en gallego, por tu comentario y sobre todo por la comprensión.
    ¿Ya sabes lo que significa "demo" en gallego verdad? Pues eso ;)

    Un beset!

    ResponderEliminar
  4. Dilaida a verdade e que eu, que teño un pésimo galego misturado con castelán e português (teño estudado máis anos de portugués e iso unido á emigración... en fin, que non teño desculpa) non podo criticarlles pero a verdade é que como representantes sí deberían de saber falalo e ben!

    Sobre quen o fala mellor ou pior, nen idea!! xa nin os escoito!

    Un biquiño :*

    ResponderEliminar
  5. Non o sabía, pero agora xa entendo a palabra demo-cracia ;) Grazas pola pinga de cultura.

    ResponderEliminar
  6. No hay derecho! tendré que buscarme un traductor de valencià!

    (¿alguna sugerencia?) :)

    ResponderEliminar
  7. Yo soy también de las que boto...:((

    ResponderEliminar
  8. Hasta en esto teníamos que ser gemeliñas :(

    ResponderEliminar
  9. Canta razón tes. Por desgraza neste país as cousas funcionan así, aquí para calquer chorrada teste que identificar con documentos (cousa que me parece normal) pero que ós de fora lle permitan votar con un simple papel que non é acreditativo e de coña.

    E si agora van a esixir pasaporte e resulta que o regalan por 6 meses, entón xa é o máximo, recochineo puro.

    Haberá algúns emigrantes e netos que si lles pode importar de verdade o que aquí pasa, pero a maioría penso que non. Simplemente votarán por intereses particulares a cambio de algún dereito.

    É a miña opinión.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  10. Olá Carlos :)

    Tamén hai moitos que son netos ou fillos de galegos, que endexamais pisaron Galiza (ou Espanha) e que votan!! e eu pregunto con que criterio? Non dubido que haxa algúns emigrantes que lles importe a terriña pero de aí a que poidan decidir quen nos ten que gobernar ós que si vivimos aqui vai un abismo!! O terrível é que os distintos gobernos van xogando con eles, cos seus soños!! a cambio dunha papeleta, e todos berran cando están na oposición pero unha vez chegan ó poder xa a cousa muda!!
    Veño de ler en vieiros.com as declaracións do "Quin" e é pra chorar!!

    En fin, mexan por nós e din que chove.


    Un biquiño Carlos, graciñas pola visita :)

    ResponderEliminar
  11. é algo que sempre me anoxou, pero porque non o entenden, o Pso...? por aquí tm tiñan moito interese os outros, estoy farta da xente, manda c... é que teñen un morro

    ResponderEliminar
  12. Pois é Oliviña, porque cando estaban "os outros" ven que pedían a reforma do voto emigrante, e agora que están eles (os dous!!) no poder como muda o conto!! :(

    ResponderEliminar
  13. Proposición para refundar Galicia enteira

    De MANUEL RIVAS - EL PAIS -

    Os xornais de onte informaron que Xosé Manuel Beiras volveu como un D. Sebastião do nacionalismo e que propuxo a refundación do BNG. E digo eu: non poderíamos aproveitar para refundar un pouco todo? Na dereita hai quen fala de rexeneración. Na esquerda, tamén se anda á procura da renovación. O mesmo Papa fala de refundar a Igrexa de Cristo. E a economía, a cultura, o xornalismo...
    Por que non refundar Galicia enteira?

    Como é ben sabido, Galicia foi fundada en América.
    Estaría ben refundar Galicia na propia Galicia. Mais coido que o que imos ter unha longa tempada vai ser unha vella política presentada como nova. A técnica que se utilizou na máis baleira campaña electoral da historia recente foi a chamada propaganda gris. E da propaganda gris o natural é que derive unha política gris que tinxa Galicia de gris. Agora que se foron os neocon en Estados Unidos, atopámonos de súpeto nunha nave espacial chamada NeoGalicia. Xa o dixo Díaz Castro en Penélope, un dos nosos poemas bíblicos: "Un paso adiante e outro atrás, Galicia, / e a tea dos teus soños non se move".

    A verdade é que Galicia, a Galicia moderna, naceu en América. Foi soñada en América. Mesmo na súa principal simboloxía: o Himno, a bandeira e a Academia Galega da Lingua. E en América sobreviviu Galicia en longas xeiras da historia contemporánea, as moitas veces que o país estivo entangarañado polas pestes, fosen a da pataca ou a do escurantismo absolutista, tivera este a face monárquica do Rei Felón (Fernando VII) ou directamente a dun ditador matachín, Franco.

    En América sobreviviu a xente, atopou pan e traballo. Alí re-existiu a cultura galega. Nas artes, na literatura, no xornalismo, no deseño gráfico. Mesmo A Rianxeira foi composta e gravada en América! Alí tivo continuidade a propia concepción de Galicia como espazo democrático, como pobo con dereito a gobernarse de xeito autónomo. O primeiro Estatuto de Galicia, 1936, foi abortado en España pola dereita autoritaria, mais a lexitimidade autonómica foi custodiada en América polo Consello de Galiza, que tivo no deputado republicano Antón Alonso Ríos o seu derradeiro presidente. A vida de Antón Alonso é unha crúa metáfora da galaica historia. Salvouse da cacería humana disfrazado de mendigo. Con longas barbas, de branco brión, na vida fuxido na fronteira, perseguido por gardas e gardiñas, protexeuno moito a natureza, o exército do bosque. Até que, vía Lisboa, acadou a salvación en América.

    En América, como dixemos, Alonso Ríos foi un custodio da lexitimidade democrática e autonómica. Mais cando saímos da ditadura, cando o catalán Tarradellas e o vasco Leizaola retornaron do exilio co trato de presidentes, case ninguén sabía daquel vello mohicano. Esquecido, enfermo, pobre, aquel ancián deixouse morrer atropelado nun camiño de ferro.

    Non se pode entender Galicia sen América. Non se pode entender Galicia sen a emigración, para a que se inventou o eufemismo de "residentes ausentes". Non se pode entender nin por cultura nin por economía. Os principais bancos e xornais de prensa (tanto Faro de Vigo como La Voz de Galicia) fornecéronse uns coas remesas dos emigrantes e outros cos grandes anuncios diarios das consignatarias transatlánticas. Como foron os emigrantes os que crearon o primeiro sistema escolar merecedor de tal nome, con máis de 300 centros de ensino. Os máis modélicos, os que seguían a semente racionalista de Ferrer i Guardia, serían tamén demonizados polo conservadorismo túzaro e feitos desaparecer. Si, Galicia foi fundada en América. E sostida pola diáspora de centos de miles de mozos que ateigaron os trens de Europa nas décadas dos anos sesenta e setenta do século XX.

    Este pequeno relatorio é incompleto e talvez innecesario. Aquí, no país dos mil museos, nin un cativo museo da emigración fomos quen de erguer. Existe ese museo, limitado en espazo máis rico e emotivo nos contidos, na Federación de Sociedades Galegas, na rúa Chacabuco, 955, de Bos Aires. Un bo lugar, por certo, para refundar Galicia, imaxinala como Rede creativa, como país portátil, idear a TransGalicia, aberta, vangardista, solidaria, internacionalista, fronte ao anacrónico futuro da NeoGalicia traída pola propaganda gris.

    Dentro da emporcada, rara e gris campaña electoral, houbo un texto que me causou especial turbación e tristeza. O manifesto titulado Se resides, decides. Doeu porque respecto moito á xente que o asinou. Porque sei que a intención primeira é a dun proceso electoral na emigración o máis limpo posíbel. Algo que, por certo, vén sendo reclamado polas asociacións máis activas da diáspora, como Fillos de Galicia.Org. Que sexan galeguistas, mesmo persoas sobranceiras na cultura, os impulsores do manifesto é un dos contrasentidos que estamos a vivir. Un feito máis que demostra a necesidade de repensar, de profundar e refundar moitas cousas.

    O chamado voto emigrante non é un problema. É dereito de cidadanía. Un dereito que ninguén, dende unha ollada progresista, pode pretender capar. Outra cousa é a necesidade de reformar o sistema de votación. A necesidade de elaborar un censo rigoroso e de estabelecer o voto en urna ou coas máximas garantías. Mais o texto é errado na súa afirmación central: "A iniciativa aspira a dar resposta ao amplo sentir cidadán crítico coas manifestas eivas do actual sistema electoral, que recoñece dereito pleno a colectivos que residen no exterior e cuxo único vínculo co país consiste precisamente no exercicio do dereito a voto ao tempo que mingua, ou directamente nega, dereitos a colectivos que residen de forma permanente no país (mariñeiros, penados, inmigrantes)".

    Os tópicos son sempre desacertados. Máis neste caso. Quen pode afirmar que os que residen no exterior só teñen por vínculo co país o dereito a votar? Por suposto, non é así na maioría emigrante. Pero, postos a comparar, eu aínda iría máis lonxe: hai hoxe galegos e galegas nados en Arxentina, en Uruguay, en Estados Unidos, en Inglaterra, Alemaña ou Francia... que teñen máis coñecemento da cultura galega e dos problemas da Galicia territorial que xente que vive aquí e á que lle importa un nabo o pasa alén da Ponte da Pasaxe ou da Ponte de Rande.

    O outro erro é contrapoñer os dereitos dos emigrantes, comezando polo voto, cos dos inmigrantes e outros colectivos. Verbo de dereitos humanos, cómpre abrir portas, mais sen pechar as que están xa abertas. É unha vergoña que non se artellase aínda un sistema operativo que permitise votar aos mariñeiros. É unha inxustiza que non voten os inmigrantes que levan anos traballando, tan galegos como calquera. Mais, por que mesturar ese asunto co voto emigrante?

    Habería que refundar Galicia, si. Aproveitar a máquina de escribir de Castelao. O que pasa é que trouxemos o morto, mais deixamos alí a máquina coa que soñaba o futuro e alimentaba a esperanza.

    Manuel Rivas

    ResponderEliminar
  14. Graciñas polo texto emigrante, mas sego sen estar de acordo, está cheo de demagoxia romántica aínda que non deixa de ter moita razón nalgunhas cousas.
    Se baseamos o dereito ó boto no coñecemento da historia, xeografía, etc. do pais, os estudosos da cultura grega terían dereito votar en Greza?

    Non meu fillo, non pode ser que unha persoa que endexamais pisou esta terra decida quen me ten que gobernar, isto non é como a monarquía, o dereito a ser galego non é unha herdanza, non se é galego por ter un avó ou un bisavó galego, non se ten dereito a decidir no futuro da xente que eiquí vivimos a cotiá por un antergo galego.


    Galiza é dos galegos!!

    ResponderEliminar

Gracias por pasar por aquí y dejarme tus palabras :)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails