14 de fevereiro de 2009

Proxecto trimestral: Océano

Durante estos meses que adicamos ó proxecto trimestral adicado ós océanos (que ó final alargouse un bocadiño máis), non só fixemos actividades relacionadas co tema senón que tamén tentei que "as fichas" tiveran relación co proxecto trimestral e así pescamos peixes de distintas formas xeométricas (matemáticas), recortamos animáis mariños (motricidade), etc.

O noso Lapbook está practicamente rematado, a ver se lle saco unhas fotos para ensinárvolo enteiro, namentres deixovos un adianto.


Algúns recursos máis:
Se alguén quere procurar máis información sobre o que fixemos, que procure na etiqueta "proxecto trimestral".

Nacemento dun golfiño: Este vídeo gustou moito, tanto que o vimos non-sei-cantas veces seguidas, a verdade é que é fermosísimo ver o ledos que se poñen os dous, emociona.


  • A gaivota da coviña: Actividades para nenos nas que se traballa un conto sobre as consecuencias ecolóxicas tras a catástrofe do Prestige.
  • Aquarium - Musical Sea Life: Unha das moitísimas e excelentes actividades de Poisson Rouge. Na casa poden pasar horas dentro deste océano
  • The reef: Unha web para que os nenos constrúan un arrecife coa súa fauna, flora,...
  • Ocean Quest 2004