
E tamén montamos un tenderete cunha morea de envases que tiña gardados dende fai tempo por se servían para algo.

Preparamos un montón de obxectos (de xoguete) para tirar rodando polo tunel: pelotas, tomates, ovos,...

E alá pasaron un bo rato tirando cousas polos tuneis despois reconvertidos en tobogáns polos que desceron bonecos, animais,... (na primeira foto adivíñase o traxe de tule dunha princesa i é que na casa é entroido tódolos días).
