"O melhor que existe no mundo são as crianças"
(Fernando Pessoa)
"Os seres humanos son o que os seus pais fan deles".
(Ralph Waldo Emerson)
"O neno non aprende o que os maiores dín, senón o que eles fan"
(Baden Powell)
31 de dezembro de 2008
30 de dezembro de 2008
Feliz Aninovo!!
Acaba este marabilloso ano e con el remata tamén o noso primeiro "trimestre escolar", temos traballado moito e témolo pasado moi ben.

O blogue cumpre case 6 meses de "vida" con moitas máis visitas das que esperaba, con moitos proxectos compartidos por moita xente atopada de casualidade e non quero deixar pasar un día sen agradecervos a vosa participación nesta toleada miña do proxecto semanal. Un millón de grazas!! sen vos non non existiría.
Tamén quero agradecer as vosas visitas a todos os que vos achegades a este recunchiño meu e animarvos a saudar a aqueles que vindes a miúdo e marchades caladiños. E agradecervos a cariñosa acollida nesta inmensa comunidade virtual.
Xia pedíanos que fixéramos unha lista de resolucións para o ano novo e eu a verdade que non son moi dada a facer listas, o meu (o noso) é facer o camiño andando, aprendendo de cada pedra e de cada flor e desfrutando do momento: "Carpe diem". Tampouco me atrevo a pedir nada, como dicimos os galegos "non hai que mentar ó demo"
E vou rematando os meus traballos pendentes, aínda que como polo camiño voume embarcando noutros a cesta non se da baleirado :D Este foi o último en abandoar a cesta, gústavos?

E engado outros 3 blogues de homeschoolers:
E tamén avisarvos do novo blogue de Sylvia: Esas pequeñas cosas, aprendiendo en casa
Deséxovos un novo ano cheo de ledicia, que sexades moi felices e que Deus vos bendiga.

- Concepción Vidal blog. Blogue de Conchita
- Aprendiendo sin etiquetas. Blogue dunha familia homeschooler de 3 fillos, un deles autista.
- Monstruos de ayer y de hoy. Outro blogue de Javier CM.
E tamén avisarvos do novo blogue de Sylvia: Esas pequeñas cosas, aprendiendo en casa
Deséxovos un novo ano cheo de ledicia, que sexades moi felices e que Deus vos bendiga.
Tarxetas do Apalpador
Como xa fixera coas tarxetas do Nadal, veño de facer outras para o día 1 que ven o Apalpador. A miña idea é facer uns saquiño de tea de saco e dentro o Apalpador deixaralles larpeiradas como fixo sempre pero das modernas ;) , seguramente chocolatinas.
Aquí volas deixo por se queredes imprimilas, a imaxe xa sabedes que é de Leandro Lamas quen xenerosamente me deu permiso para empregala.
Tarxetas Apalpador
View more documents from meninheira .
29 de dezembro de 2008
24 de dezembro de 2008
O Nadal na Galiza
Antigamente eran moitas as tradicións que tiñamos na Galiza nestas datas e estanse a perder agora que camiñamos cara a uniformización dos costumes, das culturas, das linguas... A cultura é parte da nosa identidade, non somos máis cultos por facer todos o mesmo, non somos máis cultos por falar menos linguas... máis ben todo o contrario. Non deixedes que vos confundan, a uniformidade do pensamento só leva á pobreza cultural. Non deixedes que vos rouben o bacallau con coliflor, as fogueiras de San Xoan, as romarías, ... que se coman eles as hamburguesas!! eu quero un "polvo á feira", en definitiva, vivamos como galegos, non coma californianos.
Deixo aquí unha pequena escolma das vellas tradicións galegas destas festas, por se alguén non as coñece ou quere traballar sobre elas ou mesmo recuperalas.
Por certo que veño de descubrir este libro dos Bolechas: Os Bolechas festexan o Nadal, que para o que non o saiba son son unha familia formada por 5 raparigos que, eu non sei que terán, mais ós nenos gústalles un montón.
E se queredes mandar algunha postal electrónica na nosa fermosa lingua, podedes facelo a través da páxina de Nadal en Galicia.
Para min a festa máis importante destas festas é a Noiteboa (o 24 de decembro) pois é cando se xunta a familia toda para cear. Non hai Nadal se non hai noiteboa.
Antes, pola tardiña o típico era cantar polas portas as panxoliñas nas que se falaba do nacemento do neno Xesús e pola noite cenábase marisco, bacallau con coliflor e cordeiro asado (que soe ser de casa) de terceiro prato. Na miña casa aínda perdura este menú.
Nalgúns sitios púñase unha mesa aparte con tantos pratos como familiares falecidos ou ausentes houbese e cos mesmos alimentos, isto facíase por se a alma dalgún acudía esa noite a quentarse na lareira e por esta mesma razón tampouco se podía apagar o lume (debía apagarse por si mesmo) ou varrer a cociña ata o día seguinte para non botar ás almas dos defuntos que puidesen vir a casa a pasar a noite quentiños cos seus.
A media noite, de camiño á misa do galo, nalgúns lugares a tradición era levar un galo e facelo cantar mentres se oficiaba a misa, noutros lugares existía o costume de facer bromas durante a propia misa.
O día seguinte, no Nadal, comíanse (cómense hehehe) os restos da "frugal" cena de noiteboa.
Pola noite acendíase un tizón grande, "o tizón de Nadal" (tamén chamado cachopo) que non se debía deixar arder enteiro esa noite senón que se gardaba e acendíase en calquera momento do ano como protector de moitos males, sobre todo cando tronaba ou había grandes tempestades, este costume aínda está vivo nalgúns pobos e crese que probavelmente sexa de orixe celta. Foi un costume moi importante, sobre todo en Lugo e Pontevedra e está relacionado co carácter sagrado que se lle dá ó lume da lareira xa que durante todo o ano existía a prohibición de matalo e de botar nel cousas sucias, seguramente pola crenza de que as almas acudían a quentarse a ele.
Para o Aninovo (o 31 de decembro) os mozos facían un boneco de palla pola tardiña que despois paseaban en rolda pola aldea ou por toda a parroquia entre berros e ruído para queimalo á noitiña no campo dás festas, ao que acudía o resto da xente. A festa podía durar toda a noite e ata o día seguinte cantando con pandeiretas e gaitas, celebrando o ano novo e pedindo agasallos, que segundo o caso eran en especie (ovos, chourizos) ou diñeiro. As roldas ensaiaban algúns días antes para aprender as letras que xeralmente eran coplas tradicionais referentes ao ano novo. Logo da festa reuníanse os compoñentes para facer unha comida cos aguinaldos que sacaran.
Nalgúns lugares practicábase o costume dos chamados Manoeles, felicitacións de broma ou en serio, poñendo boneos con escritos burlescos ou tamén cantando algunha copla. No caso de cantarse coplas, o Manoel felicitado tiña a obrigación de invitar á rolda que lle cantaba polo seu santo.
Aínda seguen vivas estas tradicións en moitos lugares salvo nas grandes urbes, nas que o consumismo fixo que a celebración se limite á esmorga e a comer as uvas fronte ao televisor mentres soan as badaladas. Pola noite tómanse 12 uvas, unha por cada badalada, e é normal compartir a festa non só coa familia se non cos amigos, veciños.
E o día de Reis (6 de Xaneiro), como no Día de Ano Novo, roldas de mozos percorren durante a véspera pola tarde e noite as aldeas cantando os reises e pedindo aguinaldo. Os reises son, en xeral, romances que contan a historia da viaxe dos tres Reis Sabios de Oriente. Antigamente, esta festa tiña un carácter de tributo e felicitación aos señores que por esas datas recollían as rendas dos aldeáns, entre elas o coñecido capón. Por iso é polo que os cánticos recordados sexan en castelán, o idioma dos "amos".
Ese día tamén se come a Rosca de Reis, que esconde unha faba que fará rei ó que a tope. A mañá do día 7 é costume ir de casa en casa recollendo os agasallos e despois ir ao parque a xogar con eles.
Deixo aquí unha pequena escolma das vellas tradicións galegas destas festas, por se alguén non as coñece ou quere traballar sobre elas ou mesmo recuperalas.
Por certo que veño de descubrir este libro dos Bolechas: Os Bolechas festexan o Nadal, que para o que non o saiba son son unha familia formada por 5 raparigos que, eu non sei que terán, mais ós nenos gústalles un montón.E se queredes mandar algunha postal electrónica na nosa fermosa lingua, podedes facelo a través da páxina de Nadal en Galicia.
Para min a festa máis importante destas festas é a Noiteboa (o 24 de decembro) pois é cando se xunta a familia toda para cear. Non hai Nadal se non hai noiteboa.
Antes, pola tardiña o típico era cantar polas portas as panxoliñas nas que se falaba do nacemento do neno Xesús e pola noite cenábase marisco, bacallau con coliflor e cordeiro asado (que soe ser de casa) de terceiro prato. Na miña casa aínda perdura este menú.
Nalgúns sitios púñase unha mesa aparte con tantos pratos como familiares falecidos ou ausentes houbese e cos mesmos alimentos, isto facíase por se a alma dalgún acudía esa noite a quentarse na lareira e por esta mesma razón tampouco se podía apagar o lume (debía apagarse por si mesmo) ou varrer a cociña ata o día seguinte para non botar ás almas dos defuntos que puidesen vir a casa a pasar a noite quentiños cos seus.
A media noite, de camiño á misa do galo, nalgúns lugares a tradición era levar un galo e facelo cantar mentres se oficiaba a misa, noutros lugares existía o costume de facer bromas durante a propia misa.
O día seguinte, no Nadal, comíanse (cómense hehehe) os restos da "frugal" cena de noiteboa.
Pola noite acendíase un tizón grande, "o tizón de Nadal" (tamén chamado cachopo) que non se debía deixar arder enteiro esa noite senón que se gardaba e acendíase en calquera momento do ano como protector de moitos males, sobre todo cando tronaba ou había grandes tempestades, este costume aínda está vivo nalgúns pobos e crese que probavelmente sexa de orixe celta. Foi un costume moi importante, sobre todo en Lugo e Pontevedra e está relacionado co carácter sagrado que se lle dá ó lume da lareira xa que durante todo o ano existía a prohibición de matalo e de botar nel cousas sucias, seguramente pola crenza de que as almas acudían a quentarse a ele.
Para o Aninovo (o 31 de decembro) os mozos facían un boneco de palla pola tardiña que despois paseaban en rolda pola aldea ou por toda a parroquia entre berros e ruído para queimalo á noitiña no campo dás festas, ao que acudía o resto da xente. A festa podía durar toda a noite e ata o día seguinte cantando con pandeiretas e gaitas, celebrando o ano novo e pedindo agasallos, que segundo o caso eran en especie (ovos, chourizos) ou diñeiro. As roldas ensaiaban algúns días antes para aprender as letras que xeralmente eran coplas tradicionais referentes ao ano novo. Logo da festa reuníanse os compoñentes para facer unha comida cos aguinaldos que sacaran.
Nalgúns lugares practicábase o costume dos chamados Manoeles, felicitacións de broma ou en serio, poñendo boneos con escritos burlescos ou tamén cantando algunha copla. No caso de cantarse coplas, o Manoel felicitado tiña a obrigación de invitar á rolda que lle cantaba polo seu santo.
Aínda seguen vivas estas tradicións en moitos lugares salvo nas grandes urbes, nas que o consumismo fixo que a celebración se limite á esmorga e a comer as uvas fronte ao televisor mentres soan as badaladas. Pola noite tómanse 12 uvas, unha por cada badalada, e é normal compartir a festa non só coa familia se non cos amigos, veciños.
E o día de Reis (6 de Xaneiro), como no Día de Ano Novo, roldas de mozos percorren durante a véspera pola tarde e noite as aldeas cantando os reises e pedindo aguinaldo. Os reises son, en xeral, romances que contan a historia da viaxe dos tres Reis Sabios de Oriente. Antigamente, esta festa tiña un carácter de tributo e felicitación aos señores que por esas datas recollían as rendas dos aldeáns, entre elas o coñecido capón. Por iso é polo que os cánticos recordados sexan en castelán, o idioma dos "amos".
Ese día tamén se come a Rosca de Reis, que esconde unha faba que fará rei ó que a tope. A mañá do día 7 é costume ir de casa en casa recollendo os agasallos e despois ir ao parque a xogar con eles.
23 de dezembro de 2008
Proxecto semanal agasallado
Na nosa casa xogar ós agasallos é unha das nosas brincadeiras preferidas, mesmo temos unha caixa chea de papel de agasallo, de laciños,... nela imos metendo os papeis e os enfeites dos agasallos que nos fan.É outro xeito de reciclar :)
O xogo consiste en envolver obxectos, vale calquera cousa: un debuxo, unha tapadeira, un pano, un xoguete,... despois dáselle ó destinatario: "é pra tú" (o tú é en castelán o resto en galego, isto debe ser o que chaman "bilingüismo harmónico") e o agasallado abre o paquete dicindo "que é? que é?"... "Ohhhhhh unha tapadeira!! Grazas!!" e así con unha chea de paquetiños.
De cando en vez dálles por xogar ós agasallos, é unha brincadeira que pode durar toda a tarde ou mesmo varios días como foi neste caso. Desta vez e aproveitando que tiñamos a árbore foron colocando os agasallos debaixo dela e ó día seguinte fomos abríndoos.

É un xogo bem divertido, aconséllovolo!
22 de dezembro de 2008
Participantes do proxecto semanal: ABETO
Amigos homeschoolers

Anar aprenent

Bajo el diente de león

Cuatro en familia

Cuatro en la cama

Dálle un coliño

Descobrim el món

Desde mi cordillera de los andes

El rincón de Bárbara

Hechiceros

Mi hijo mi maestro

Orca-Alce

Esta semana non hai proxecto semanal, retomámolos despois das festas.
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (agasallo) nesta mensaxe.

21 de dezembro de 2008
Estas últimas semanas
Xa teño rematada a nosa estrela da árbore, bem, aínda non está rematada de todo porque quero pórlle uns abelorios verdes paralelos ós laranxas do borde e probavelmente algo pendurado, aínda non o teño claro terei que ver que me vai pedindo pero este ano creio que xa fica así.Os pequenos quixeron colocala eles, primeiro un, despois outro... hahaha, a verdade é que estou moi satisfeita co resultado final aínda que ten por aí algún erro claro, detalles das cousas feitas a man por primeira vez.
Déixovos unha foto da estrela en primeiro plano por se alguén se anima a facer unha para a súa árbore, a única condición e vir a ensinarma despois :)

Tamén rematei unha outra estreliña en feltro que foi a orixe da estrela grande da árbore.

Como á outra bordeille por detrás o ano.

Tamén xa teño case rematado un foguete que vai cara a lúa, só lle falta o astronauta!! Prometo ensinárvolo. Ademais atopei un fantástico tutorial para facer o nó francés e como non xa estou a maquinar onde o vou empregar.
Estivemos a facer cousiñas sacadas do Álbum Picassa de Sonia, non deixedes de visitalo pois ten moitos recursos do máis variado.
Atopoume outro blogue homeschooler: Escola em Casa "Dedicado a equipar famílias cristãs para a importante responsabilidade de dar a seus filhos uma educação escolar em casa dentro da ética cristã."
E xa por último partillo algúns dos meus recentes descobrimentos:
- Esta alucinante habitación para os nenos (e non tan nenos porque eu devecía por unha así).
- O doce trabalo de Bakerella, non apto para larpeiras!! Fixádevos estas piruletas e árbore de nadal.

- E a maravillosa obra de Carol Hummel que me recorda tanto ó noso (voso) Ibarrola pero en versión crochet ;)
Por certo e xa que nombro a Ibarrola e por se non o sabedes, fixo unha intervención pictórico-escultórica en Allariz, pretiño do Ecoespacio de O Rexo que paga a pena visitar.
Aquí podedes ver máis fotos
20 de dezembro de 2008
A ratiña Lola
Antes da chegada do bipartito fixérase un CD en galego para nenos pequenos acompañado dunha enorme campaña de reparto do mesmo e podías pedilo de balde nunha web chamada Cativadas, coa chegada do novo goberno ninguén se lembrou de renovar a web. Non se pode dicer que fora un excelente traballo mas estaba aí, un xogo para que os cativos puideran xogar coa súa lingua. A deus grazas un blogueiro (Opaco) colgou de novo a web de Cativadas no seu blogue para que tanto os nenos como os pais ou os mestres puideran seguir empregándoa.
Na casa levamos moitos anos xogando coa ratiña Lola, pese a todos os seus fallos, eu recoméndovola.
Na casa levamos moitos anos xogando coa ratiña Lola, pese a todos os seus fallos, eu recoméndovola.
Se queredes xogar coa ratiña Lola, ide á nova web de Cativadas.- Se queredes baixar o CD para desfrutalo sen ter que estar conectados á rede, preme AQUI.
O Apalpador

Hai uns días coñecín a figura do Apalpador pola web de Alema, a quen lle debemos os tradutores de castelán e portugués que desfrutamos no blogue.
Até hai ben pouco, nalgunhas comarcas da alta montaña do leste da Galiza e nalgunhas outras do Bierzo, pola época do Nadal baixaba das montañas un vello xigante carboeiro até as aldeas. Entraba paseniño nas casas namentres durmían para lle apalpar as barrigas ós cativiños porque toda a súa preocupación era que estiveran a ser ben mantidos e non pasaran fame. Tras desexarlles un ano novo libre de fames, marchaba deixándolles unha boa presa de castañas quentiñas.
En "Polo Natal... chega o Apalpador" podedes ler o primeiro artigo (con comentarios de xente que recorda o Apalpador ou algún outro carboeiro semellante) e en "Vai chegando o Apalpador a toda Galiza deixa-te aconselhar por ele", tamén hai comentarios e ademais vai acompañada a mensaxe con cantigas e anainas sobre o Apalpador.
As imaxes do Apalpador que se están a empregar na campaña para a súa recuperación son de Leandro Lamas.
++Se queredes baixarvos de balde un calendario para o vindeiro ano (2009) coa figura do Apalpador, podedes obtelo no blogue de ovnis e isoglosas.
Até hai ben pouco, nalgunhas comarcas da alta montaña do leste da Galiza e nalgunhas outras do Bierzo, pola época do Nadal baixaba das montañas un vello xigante carboeiro até as aldeas. Entraba paseniño nas casas namentres durmían para lle apalpar as barrigas ós cativiños porque toda a súa preocupación era que estiveran a ser ben mantidos e non pasaran fame. Tras desexarlles un ano novo libre de fames, marchaba deixándolles unha boa presa de castañas quentiñas.
As imaxes do Apalpador que se están a empregar na campaña para a súa recuperación son de Leandro Lamas.
++Se queredes baixarvos de balde un calendario para o vindeiro ano (2009) coa figura do Apalpador, podedes obtelo no blogue de ovnis e isoglosas.
18 de dezembro de 2008
Aprender é un gustazo!!
Atopo grazas ao blogue de Galegoxdocentes esta curta galega en plasticina baseada nunha historia de Frei Martín Sarmiento que di tantísimo non só da problemática lingüística que aínda temos na Galiza (eu mesma vivín unha situación similar hai menos de 10 anos nun centro de ensino público), se non tamén de como se pode aprender doutros xeitos, xa sabedes "un outro xeito de aprender é posivel" ;)Non a perdades: A escola das areas
(A ficha na Axencia Audiovisual Galega, aquí)
E se queredes ver outras curtas, mirade en flocos.tv O cineclube do audiovisual galego
16 de dezembro de 2008
Proxecto semanal cheio de arume
Para este proxecto fixemos un abeto para enfeitar a porta de casa.
Segundo a época do ano ou a celebración imos variando así que sempre temos unha imaxe que nos recorda en que momento estamos, ademais de dar a benvida ós nosos visitantes.
Segundo a época do ano ou a celebración imos variando así que sempre temos unha imaxe que nos recorda en que momento estamos, ademais de dar a benvida ós nosos visitantes.

A árbore de Nadal e o resto da casa enfeitámola na ponte da Constitución como xa é o noso costume, deíxovos tamén unhas fotos para que o vexades.
Como vedes aínda non coroa a árbore a nosa nova estrela, mas xa estou a piques de rematala.
Os enfeites son do máis variado:
Os enfeites son do máis variado:
14 de dezembro de 2008
Participantes do proxecto semanal: GRILANDA
Amigos homeschoolers

Anar aprenent e aquí

Bajo el diente de león

Cuatro en familia

Cuatro en la cama y aquí

Dálle un coliño

Desde mi cordillera de los andes

Hechiceros

Mi hijo mi maestro

Orca-Alce

Pés na relva: pequete

Anar aprenent e aquí
Bajo el diente de león

Cuatro en familia

Cuatro en la cama y aquí

Dálle un coliño

Desde mi cordillera de los andes

Hechiceros
Mi hijo mi maestro

Orca-Alce

Pés na relva: pequete

Palabra clave desta semana: AGASALLO (regalo, presente)
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (abeto) nesta mensaxe.
Esta será a última semana do proxecto semanal até despois das festas porque xa empezan os días de moito lío e mellor non engadir outro, non vos parece? :)

13 de dezembro de 2008
Tarxetas de Nadal
Fixen unhas tarxetas de Nadal para acompañar ós nosos agasallos e déixovos o pdf por se alguén as quere baixar para empregalas. Deixelles espazo para por a quen vai dirixido o presente.
Agardo que gostedes delas. Para baixalas premede aqui (tamén fixen a versión en castelán).
Agardo que gostedes delas. Para baixalas premede aqui (tamén fixen a versión en castelán).
Subscrever:
Comentários (Atom)