23 de julho de 2008

Enfeites

Esta é outra actividade pra facer e gozar cos cativos, alomenos nós a gozamos facéndoos primeiro e pintándoos despois.

Pra facelos empregamos pasta para modelar branca, amasámolo cun bote de cristal cheo de moedas para que o peso facilitara o amasado porque non é tan branda coma a plasticina e ó mesmo tempo fora doada de limpar polo cristal. Depois sacámoslle a forma cun vaso, ainda que se poderían usar os troqueis da plasticina ou calquera outra forma que teñades pola casa, o buraco fixémolo cunha cera e o debuxo cunha palliña. Deixámolo secar até o día seguinte e dímoslle a cor con témperas, por certo que a pintura seca axiña.

E agora veñen os consellos decorativos :D Podedes facer unha guirlanda con eles, empregalos como enfeites pra a árbore de nadal, mesmo facer colares que a pasta e lixeira.

Un exemplo decorativo: