
O blogue cumpre case 6 meses de "vida" con moitas máis visitas das que esperaba, con moitos proxectos compartidos por moita xente atopada de casualidade e non quero deixar pasar un día sen agradecervos a vosa participación nesta toleada miña do proxecto semanal. Un millón de grazas!! sen vos non non existiría.
Tamén quero agradecer as vosas visitas a todos os que vos achegades a este recunchiño meu e animarvos a saudar a aqueles que vindes a miúdo e marchades caladiños. E agradecervos a cariñosa acollida nesta inmensa comunidade virtual.
Xia pedíanos que fixéramos unha lista de resolucións para o ano novo e eu a verdade que non son moi dada a facer listas, o meu (o noso) é facer o camiño andando, aprendendo de cada pedra e de cada flor e desfrutando do momento: "Carpe diem". Tampouco me atrevo a pedir nada, como dicimos os galegos "non hai que mentar ó demo"
E vou rematando os meus traballos pendentes, aínda que como polo camiño voume embarcando noutros a cesta non se da baleirado :D Este foi o último en abandoar a cesta, gústavos?

E engado outros 3 blogues de homeschoolers:
- Concepción Vidal blog. Blogue de Conchita
- Aprendiendo sin etiquetas. Blogue dunha familia homeschooler de 3 fillos, un deles autista.
- Monstruos de ayer y de hoy. Outro blogue de Javier CM.
E tamén avisarvos do novo blogue de Sylvia: Esas pequeñas cosas, aprendiendo en casa
Deséxovos un novo ano cheo de ledicia, que sexades moi felices e que Deus vos bendiga.