Xa hai tempo que dimos por rematado o proxecto adicado á anatomía, mas o lapbook segue a medio facer, derrotado por un novo proxecto adicado aos insectos que deixou no painel cheio de arañas, bolboretas, avellas, vacalouras, cascudas (erggg!), xoaniñas, etc.
Xa hai un par de meses que rematamos co proxecto trimestral adicado ó espazo mas tiñamos o lapbook pendente "duns detalliños" e non foi até agora que me decidín a subilo. Como no caso anterior está deseñado enteiramente por min adaptado ós meus pequenos. A maioría das imaxes foron obtidas da miña favorita (e máis frecuentemente usada) fonte de recursos: o google imaxes, outras foron feitas por nós ou recortadas de revistas.
As cancións e poemas son: "Luna lunera", "A neve e o sol" (Helena Villar Janeiro), "Quisiera ser tan alta", "El sol quería bañarse" (Salvador de Madariaga) e "O sol" (Manuel María). Na parte do medio que se levanta por un lado está o traxe completo que levou Aldrin e por detrás unha foto da comida que levan ó espazo.
Unhas fotos do lapbook onde podedes ver mellor os detalles.
Mensaxes anteriores relacionados co tema deste proxecto:
Xa temos rematado o proxecto trimestral adicado ó océano e ó medio mariño en xeral, fixemos un fermoso mural que baixamos de Learning Page, así como as figuras que nel nadan.
Fixemos un montón de fichas co tema de fondo marítimo: de matemáticas, de lecto-escritura, de grafomotricidade,... gustaríame partillar todas e cada unha delas pero como as fun collendo de distintos sitios en distintos días, fáiseme imposível!
Tamén fixemos un lapbook, este é o video:
E aqui tedes algunhas fotos porque no video ve-se tan pequeniño que non se aprecia. Os elementos do lapbook son na súa meirande parte feitos por min, aínda que as ilustracións saqueinas da rede, claro :)
O mini pop-up do golfiño (non rías Marvan que te vexo) nadando diante do barco e embaixo unha carpetiña con estrelas cos números do 1 ó 10.
Ademáis polo pop-up hai diseminadas un montón de estrelas de mar de distintas cores e pódese facer con elas o exercicio de contalas na súa totalidade ou por cores.
Uns libriños cos medios de transporte marítimos e á esquerda temos outro libriño feito con dous cancións e un poema: "My bonnie lies over the ocean", "un barquito chiquitito que no sabía navegar" e a "Canción del pirata" de Espronceda.
Debaixo está unha fotografía dos pequenos na praia. E na roda aparecen debuxos dunha Orca, dunhas Ostras, do Océano, e dunha Onda (obra de Katsushika Hokusai, que coñecían grazas os fantásticos debuxos de Litle Einstein -premendo enriba podedes ver algúns deles-)
Despois podemos navegar polo fondo do mar nun submarino (por suposto amarelo) . Debaixo unha roda cos debuxos e os nomes dos océanos do mundo (se non erra a miña memoria foron sacados da wiki).