Mostrar mensagens com a etiqueta vida práctica. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta vida práctica. Mostrar todas as mensagens

8 de junho de 2009

Serpes de botóns

Maruxa é unha serpe botoeira común, está triste pois perdeu as súas escamas e anda á procura de voluntarios que llas volvan poñer :)


E así comeza o conto que lles vai levar a traballar a motricidade fina de xeito divertido. As serpes botoeiras ou button snake son un recurso Montessori doado e barato de facer. Na ligazón anterior tedes outras alternativas moito máis sinxelas de facer mas eu preferín darlle un pouco máis de vida e o colgantiño-lingua fai que sexa máis doado de almacenar e ter dispoñível.


Este exercicio non leva máis de 10 minutos e non se fai aburrido, podedes ofrecerlles cadriños de distintas cores e texturas como eu fixen, ou mesmo darlles forma de pantalóns, camisas, etc.

2 de junho de 2009

Nas "vacacións" ;)

Grazas ó blogue de Ana Paulina nos chegan istos blogues de homeschoolers colombianos, benvidos! :)


Esta semana a clase de ciencias foi intensa e práctica, moi práctica!

Estivemos tocando chinches e souberon que algunhas cando teñen medo soltan un líquido que cheira moi mal, coma se fose un peido do Fiz (cómic de moito éxito entre algún dos meus pequenos).

Puxemos penduricos para que coman os paxaros (en realidade xa vedes que son os "restos" do proxecto semanal do colar).


Atopamos unha ra pequeniiiiiiiiña de limpeza no xardín mas non nos deu tempo a fotografala pra vos e tamén outra píntega aínda que desta vez era pequeniña, uns 9cm.

Non é unha tenrura? "vive" debaixo dunha madeira que temos diante da cancela grande, tiñamos que quitala (a madeira, non a píntega) mas non imos desafiuzar á coitada non é?.


Nesta foto a vemos cunha amiguiña que foi debidamente apalpada (por se alguén non o sabe é unha miñoca) e trasladada. Eles non fan xardíns de fadas senón casas de miñocas, animaliños! o outro día romperon unha e todo! co conto aprenderon que non tiñan osos.

Ollo!! As píntegas (e parentes) están en perigo de extinción, non se deben desprazar do seu hábitat natural (si, xa sei que son moi bonitas nunha peixeira) e por suposto non se deben matar.

Tampouco se deben tocar pois teñen unha substancia tóxica na pele, mas o escáncer pódese coller sen problemas e así o fixeron, o coitado do lagarto foi pasando de man en man.
(Máis grandes no meu flickr!)

Tamén falamos dos animais da noite.
No vídeo vedes a nosa cancela (perdón por telo que ver torcido, graveino mal e non sei como xiralo) ademais dos grilos o que se escoita non é un modem :DDD se non unha avenoiteira cincenta (ou noiteboa), tamén se escoitan outros dous "paxaros": un fedellando na cociña e outro co seu particular canto: "shhhhhhhh" XDDDDDDDDDDD.

A avenoiteira na mitoloxía galega é un "paxaro da morte", é dicer que agoira a morte e tamén leva as ánimas dos defuntos cara o máis aló.


Gustaría de darvos unha "receita" que uso cando, como me pasou esta semana, non me dou conta e ando ó sol a traballar demasiado tempo e quéimome :( Simplemente cortades un tomate á metade e esfragádelo na zoa vermella, é man de santo!!


E ensínovos o último enfeite que fixen, é moi mariñeiro por iso de que é para o baño. Leva ademais do feltro, madeira, metal,... Dous fotos para que o apreciedes ben por se a alguén lle inspira :)

(Máis grandes no meu flickr!)


Tamén quero compartir con vós este vídeo que é unha chulada en si mesmo mas o "making off" é abraiante!! Debeu ser moi canso facelo mas debérono pasar en grande :D

12 de setembro de 2008

Seguridade vial

Outro xeito de aprender como calquera outro.
Clica enriba da imaxe para vela un pouco máis grande

Xogos sobre o tema na web da DGT: Aprende jugando

22 de agosto de 2008

"Cullereando"

Practicando coa culler:

Este é un exercicio Montessori típico de "vida práctica" que soe gustar aos cativos dende os 18 meses até os 6-7 anos.
A práctica coa culler (spooning chámanlle os angloparlantes) axuda ós nenos no desenrolo da concentración, a coordinación ollo-mán, o control muscular, e polo tanto tamén os prepara para o uso dos lápices, as tesoiras, etc.

A actividade é ben sinxela, trátase de ir pasando as lentellas (ou arros, garavanzos, etc) nun recipiente a outro con culleres de distintos tamaños sen que estas caian.

Precísanse varios recipientes, un que conteña as lentellas e outro que as vai receber, e culleres de varios tamaños e/ou formas

20 de julho de 2008

Costureiriña bonita/dame unha agulla de prata...

Pois non é de prata, non, máis ben é unha agulla de plástico de aprendizaxe que podedes atopar en calqueira mercería.

Acho que esta é unha boa actividade pra facer cos miudos xa que é creativa e ó tempo tamén exercitan a motricidade fina. Pódeselle dar o lenzo baleiro ou cun debuxo pra que sigan as liñas.

O bastidor apenas ten unha cuarta e merqueino nun bazar chinés, a lá xa a tiña na casa e a tea tamén, seica lle chaman "tea panamá", vai tí a saber porque!


Das costureiras hai moitas coplas no noso cancioneiro popular, a maioría facendo gala desa retranca que nos caracteriza, eiquí vos deixo a cantiga á que fago referencia no título.


Costureiriña bonita
Dame unha agulla de prata
Para sacar esta espiña
Do corazón que me mata.

E non te quero téñoche dito
E non te quero teño falado.

E non te quero téñoche dito

E non te quero teño falado.


Pouco se me dá que rías
Pouco se me dá que chores

Non quero faguer contigo
O camiño dos amores

Se nalgún tempo soubera
O que me había de vir'e
Tivera conta contigo

E non me deixara ir'e