Mostrar mensagens com a etiqueta maios. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta maios. Mostrar todas as mensagens

22 de abril de 2010

Recursos para os Maios

Os maios celébranse o 1 de maio aínda que en Ourense celébranse o 3 de maio

* Os maios doutros anos en Dálle u coliño:
---------- 2009 (I e II)

{Fotografía vía Vanity feira}


~ Algunhas ideas para inspirarse e facer~






~ Libros para os pequenos ~

Os Maios, de Editorial Galaxia, con ilustracións de Jacobo Fernández



~ Máis información: ~


~ Imaxes de outrora ~
Clicando enriba lévache á ligazón de orixe


1 de maio de 2009

Os maios II

Fomos ver e escoitar os maios á cidade de Pontevedra e trouxen unhas fotos para vos.


Unha "coroa"


O cumio dun maio


Outra coroa


Precioso tocado de fiúncho e margaritas dunha agrupación de persoas maiores.


O maio.
Xeralmente todos son feitos cos mesmos materiais mas varían as formas, en Pontevedra é característica esta forma cónica pero noutros lugares hai formas figurativas e tamén outros materiais, aínda que o fiúncho (o verde) é o material base en todos.
Istos maios cónicos soben ó escenario e os nenos (xeralmente integrantes dalgunha escola ou dalgunha entidade cultural) cantan unha copla satírica dando círculos ó redor del e golpeando cunhas claves.


Os maios

O 1 de maio celébranse na Galiza "os maios", festa pagá coa que se celebra a fin do inverno e a chegada da primavera, ten unhas orixes pouco claras, algúns historiadores sitúana no Paleolítico e outros no mundo grego-romano, o único do que temos certeza é da súa antigüidade polo feito de que foron prohibidos nos primeiros anos do cristianismo.

O nome de "maios" o recibe tanto a festa como as súas representacións. Ó redor desta celebración hai moitos costumes, os que eu recordo dende pequena e que aínda se manteñen son:
  • Enfeitar o primeiro de maio os coches e máis as portas das casas. Antigamente colocábanse os ramos de flores tamén nas cortes e nos carros, agora son os coches os que locen nos parachoques xesta ou toxo. Este costume ven de antigo pois sábese que foi prohibido polo Concilio de Braga no ano 570. Istos ramos chámanse "maios"
  • As figuras feitas con herbas, flores, froitas, etc. á redor da cal se canta unha copla satírica que fai alusión ós problemas locais. Tamén se fai o primeiro de maio.
Máis información: Os maios, unha festa antropolóxica galega


Unha actividade para facer cos pequenos sería a realización dun pequeno maio de cartolina enfeitado con recortes semellando as laranxas, ovos, flores, etc.