Mostrar mensagens com a etiqueta as miñas fotos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta as miñas fotos. Mostrar todas as mensagens

30 de setembro de 2009

Outono primaveral

Aproveitando o calor que fixo estes días atrás e coa escusa de que non había quen aturara no sol, fomos limpar unha leiriña que temos pola que pasa un regatiño.

Os "maiores" pasámolo bomba limpando o "río" de follas, pólas e demais, berrándonos un ó outro: "olla qué rápido baixa agora a auga!" i é que non temos sentidiño ningún XD. Eu ademais fiquei co sorriso parvo e a ledicia dun pirata que recén ven de atopar un tesouro, cando vin os fentos reais que medran na beira do regato i é que este fento leva na terra dende hai máis de 60 millóns de anos! Estades a ver o mesmo que miraban os dinosauros, non é incrível? A primeira vez que os vin, nas Gándaras de Budiño, era unha cativa e esta foi a miña segunda vez e fico igual de marabillada que daquela.


Na foto non se aprecia mas cada "pola" ten uns 100cm.

Os pequenos, sen dúbida por influencia dos fentos, retrocederon uns cantos millóns de anos e fixeron arte como os seus primitivos antepasados.


Non quero nin imaxinar a cara do veciño cando vexa en que se converteu o marco! XD
E pódese intuír a importancia que teñen na Galiza estas pedras se temos en conta a cantidade de nomes que teñen: extremas, espetos, lindes,... Engades algún máis á lista? :)

. . . . .
Bego engade:
"Os marcos (na miña terra así se coñecen) tamén se poden chamar derregos/as e cómaros.
. . . . .

E no xardín seguimos a atopar habitantes, como esta lambona de case 2cm, que tivemos que retirar pois fixo a súa mega-tea de araña nun camiño de paso.


Ou esta cucadiña que estaba atrapada no cubo que temos baixo a billa e que non sei que é, seica unha cría de lagarto arnao (ou lagarto das silvas)?

Por certo, conteivos que hai varias semanas escoitamos ouvear o lobo? Foi de noite, lonxe, nos montes, e cando o penso aínda me volvo emocionar, mistura de medo e ledicia.

E collendo poliñas da vimbieira para o proxecto semanal, atopamos a este outro disfrazado :)



E hoxe tamén estou en Infantil: Aprender es fácil

29 de setembro de 2009

Por onde andamos II

Hai dúas cidades na Península que me teñen roubado o corazón. Unha é Lisboa, da que teño unhas saudades terríveis pois xa ha máis de dous anos que non a visito e a outra é a miña Compostela bonita, é entrar nela e por-se o corazón a latexar como se fora un namorado rozado polos beizos amados.

Foi unha visita demasiado rápida mas non faltou unha sentadiña con tetada incluída XD, nas escaleiras que separan a Quintana dos vivos da Quintana dos mortos. Lugar imprescindível para ver pasar o mundo no limbo que son as escaleiras.


E unha visita ó Obradoiro


Onde puidemos sentir a luz dos peregrinos e os seus pés cansos.


E fundirnos con eles e sentir o latexar da praza recostándonos no chan ollando para arriba para sentir a grandiosidade da catedral.

25 de junho de 2009

Summer time

Bueno, o de summer time é un dicer porque por aquí xa está a chover outra vez grrrrrrr

Non quería deixar de ensinarvos unha foto da cacharela á que fomos celebrar o san Xoán, como vedes aquí facemos as cacharelas ben grandes e só cando están un pouquiño queimadas é que se empezan a saltar.



E tamén vos quería ensinar o noso móbil adicado ó verán, está feito con caixas de cereais e lá. Para pintalo usamos témperas e ceras.



Penduran dos raios un parasol, unha bolboreta con outras máis pequenas e de cores dentro, un flotador, un xeado multisabor e un castelo de area cunha pluma a modo de bandeira, e nos raios de arriba carteliños coa palabra verán nas linguas que se escoitan máis na casa: galego, castelán e inglés.

10 de maio de 2009

A selva de detrás da casa

O noso xardín segue a regalarnos os ollos, fixádevos na preciosidade que atopamos hoxe tomando o solciño entre a nosa leña.

É un lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) moi común na Galiza aínda que agora estea en perigo, eu diría que é un macho.

Tiña uns 30cm. Fermoso verdade?

16 de abril de 2009

Os nosos días

Ás veces un deixase levar e permite que o seu estado de ánimo confúndase e mesmo únase en casamento co tempo atmosférico. Na casa aconteceunos algo semellante, coa baixada das temperaturas e a choiva non só chegou outra vez a neve ás montañas senón tamén á nosa casa.

A nevada foi intensa e durou case dúas horas.
O tamaño dalgunhas folerpas de neve era impresionante.
E o vento sopraba tan forte que arrastraba a neve amontoándoa nas esquinas.
Os animais corrían á procura dun lugar onde resgardarse do vento e da neve
A Deus grazas a equipa de quitaneves actuou con rapidez en canto rematou de nevar
Teño que engadir por petición do meu home (quen cando veu a desfeita, errrr digo a nevada, me dixo que tiña menos sentidiño ca eles XDDDDDD) que se nos estragou a aspiradora e tivo que sacar as ferramentas como un Many Manitas calquera para arranxala.

Outro día atopámonos no xardín de detrás da casa cunha besta salvaxe dun palmo de lonxitude. Nunca vira unha salamandra dese tamaño!
O mais "mundano" seica vai ser o agasallo de cumpreanos que estou a bordar e o tulipán para o baño, xa case rematado.

E os vosos días como foron durante esta semana de "non facer nada"?

7 de janeiro de 2009

Xa imos voltando á normalidade do noso día a día, paseniñamente iso si, hoxe retiramos os enfeites de nadal como un primeiro paso e misteriosamente ocupáronnos unha caixa máis.
A fotografía non é miña a pesar da "etiqueta", é dunha pequena fotógrafa que teño na casa e serviu de base para a nova cabeceira.

Por certo, xa me esquecía!!

Unhas semanas antes do Nadal incitabádesme (hihihi) ó consumo varias de vos cunha revista de Juan e Tolola que finalmente merquei e que non tivo excesivo éxito, un par de semanas máis tarde desa compra vimos esta revista "Escuela de princesas" no kiosko e mercámola. Foi un éxito rotundo!! viña con esa saia de princesa/bailarina que serviu de pixama durante varios días, amén de vestimenta. Da revista quedan un par de follas, nunha tarde foi recortada despoxándoa de tódalas princesas que tiña dentro e que foron parar á parede da habitación "Real" axudadas por pegamento de barra.

Se tedes algunha aspirante a princesa non o dubidedes!! que maneira de recortar!! e eu que non sabía cómo facer para que practicara o uso das tesoiras!! :)

28 de outubro de 2008

Atopamos o cogumelo dos ananiños!

O outro día paseando os pequenos e máis eu, atopamos un "cogumelo dos ananiños", máis coñecido fora da nosa casa como Amanita muscaria. Non é fermoso? coa puntilliña da súa saía asomando por embaixo.
Xa deu o achádego para falar dos cogumelos velenosos, claro

24 de outubro de 2008

Toxo power

Bela chorima. É curioso porque se me poño pensar en iconas galegas só me veñen á mente prantas: o toxo, o carballo, a xesta...
Hai moitos anos coñecín un galego que estaba emigrado en Nova Iorque e contárame que tiña amigos aló que levaran toxo para plantar nos seus xardíns e a min enchíame de tenrura imaxinalos matando a morriña a golpe de toxo, vai ti a saber se non serán os culpáveis da praga de toxo que teñen nos USA.

O rei zentolo tiña unha camiseta moi bonita co mesmo lema e este deseño:

15 de outubro de 2008

Quen dixo que non era posivel?

Quen foi que dixo que non era posivel acadar a lúa?
Así estaba esta noite e quizais por iso a nosa ghatiña decidiu deixarnos. Non é hoxe un día moi ledo, 15 anos marcharon para o ceo dos gatos, e aló estará cazando ratos coa súa cadeira de prata e os seus ris de granada*.


* Romance do perro cojo

22 de setembro de 2008

Outono

Hoxe comeza o outono no hemisferio norte.No outono as follas das árbores caducas mudan de cor e así do verde pasan ó amarelo e ó marrón até que caen . Tamén o outono é a estación dos cogumelos e os esquíos traballan apañando landras para pasar o inverno.

Recursos:
- Actividades de outono de EnchantedLearning.com

30 de agosto de 2008

Na veciñanza

Na Galiza somos tan marisqueiros que seica cultivamos nécoras no campo.
Arrepíos déronme cando lle toquei a patiña cun pauciño para que deixara o niño para pousar para a foto e saiu a todo meter. Se non fora porque estaba cun dos meus pequenos e non era tal de asustalo botaba a correr e todo.

Miña naiciña qué monstruo!!