Andamos moi atarefados mudando xa de proxecto trimestral e cun montón de cousas por facer, ademais de que é complicado manter á rapazada dentro en canto deixa de chover, por iso aproveito e pídovos desculpas por non poder participar en todo, nin poder contestarvos todas as veces que quixera ou o rápido que quixera.
Aproveitando un día que non choveu (hai que ver a primavera que levamos), estivemos a recoller flores para facer colares de margaridas
E tamén fixemos colares para comer
que antes de ser devorado luciu a axudante do novo proxecto trimestral, á coitada necesitaba un colar destes pois xa vedes que está nos ósos hehehe