Adoro a miña terra, gústanme as súas xentes, a súa cor, o seu arrecendo, os seus sons,... O seu clima gústame a ratos :D gosto da choiva, aínda que cando ven acompañada de vento xa non tanto e esta é terra de choiva, grazas a ela temos esta preciosa cor verde e moreas de ríos e regatos e aínda que ás veces acaba coa nosa paciencia (como este ano, que leva chovido 9 de cada 10 días) con ela vivimos o día a día con normalidade e a ela temos que agradecerlle que haxa menos incendios, a pesar de que nos tire as peras.
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_v1nZDmStn7R1Eohdxs7cga0lq7Ec6iW1xgj4plqJiI1pU3ODT_WXkxSPcCGkzIOOS_99sgS4vdU8EY_kvQUxV_dVjBqW8ZHGJTkLjadsBjSmreyJFJzuajrCx6YrSnN8tJb_WB=s0-d)
O pío xa era da casa da miña aboa (
na casa chamámoslle píos ás pías, sexan grandes ou pequenas), quen sabe cantos anos leva dando de beber ós animais?
Con todo e acompañados pola
babuña, brincaron na máquina marabillosa que noutrora labrou a terra e que hoxe transfórmase nunha
zorra ou nunha carroza
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_sbeVHRUjDkK0aTM8rvq98CqjKGFUPcnoJ7bNN9sdoG4asfSOtWS9hT1ON_o06mknDgwH8M_vd6EV8VenMSaxdu4TsqjviaqFQt9BfOZZ-p2IvUGvnOiI5lJGOfaIiBau75HmU5=s0-d)
Recolleron as súas primeiras patacas, que crecen ceibas no noso cada día menos salvaxe xardín
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_saD1cwxjd_2Sahk40IDt5sH8ZtA_q2zVwlb_EnuoTBA_dwisOOqZgYe27g6TaERFr_yyxv50Yohdkl7Ky7XexQQO-E2Q4E_Nt2EjOfY9mBatWIYiDr_pZFIhtGffnJWIOZik17=s0-d)
E observamos os pequenos habitantes que moran con nós
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_sbyomam0ojOXAGfk1fiBJTSRF1WNvg31pJBe3Z-uqghbizKB0ylI9Ny6CbF5Au3QrtCOgYp-JiJeLJTVVRFcfk1JiWQv5ryY8VEVWB4-dsfrOq_CZb_79fuOw9o-wZKiGHG7AR=s0-d)
As
engurras son herdanza, adóroas! cando as vexo lembro as da miña avoa.
E tamén deu tempo a comezar novos proxectos, desta vez un pendurico principesco, co republicana que é unha!! :D