1 de fevereiro de 2009

Proxecto semanal con bonequiño de neve

O proxecto desta semana serviunos para mudar o enfeite que lle pomos a unha das portas da nosa casa, que imos mudando coa estación ou a celebración do momento e deste xeito xa tivemos bolboretas, cabazas, árbores de nadal,...
Para facelo empregamos unha caixa de cereais para o almorzo que son como as caixas de ovos, serven para todo!!
(Premendo enriba das imaxes fanse un bocadiño máis grandes)