11 de março de 2009

Aínda é mercones non?

Esta semana o post do mércores case sae o xoves, os culpáveis: Márvan e o seu martes sen palabras, Silvia e o seu diario dunha muller sinxela, Meninheira e o seu proxecto semanal (esta a pior de todas) e sobre todo a Coordinadora Catalana pel Reconeixement i la Regulació de l’Educació en Família :LOL (por se algunha non o sabe, LOL é o acrónimo de "Laughing Out Load" -rirse a gargalladas- tamén temos a versión latina en :XD, sendo o X os olliños chiscados co riso e o D a boca ben aberta escarallándose coa risa). Ala, agarrádevos que empezo.


Os nominados esta semana na categoría de ensino en familia son:
  • gran familia, blogue de Lali dende Villa Ballestes, nos Bos Aires (Arxentina)
  • por aquí por allá, a web dunha familia que está a dar a volta ó mundo nunha autocarabana.
  • Yo aprendo, unha web que ofrece un programa de estudos en liña para homeschoolers
  • ALE en red, blogue da Asociación para la libre educación
  • OLEA, blogue da Asociación Olea
  • Gianna-s, este blogue ten moitas referencias ó homeschooling pois a súa autora baralla facer un estudo sobre esta opción educativa.
  • Homeschooling, blogue (sobre todo en eúscaro) de Iker Madariaga
  • Natunotas con los niños, blogue de Rocío dende Porto Rico

Dúas fadiñas homeschoolers concedéronme dous premios cheos de mimos, que podo dicer? Síntome moi feliz de recibir tantos mimiños, moitísimas grazas chicas!! :D


Dálle unha volta ó teu encerado!!
Todos sabemos do importante que é un encerado na "aula" pero por qué non facer algo orixinal?

Coa pintura-encerado (como esta que venden en Amazon) podemos facer de practicamente calquera superficie un lugar orixinal onde deixar as nosas notas. Que me decides deste globo terraqueo reconvertido? xa estou desexando que se estrague o noso para ter unha escusa para pintalo de negro :)

Ademáis veño de descobrir o papel adhesivo de encerado, ideal para forrar algún moble e tamén para seguir pensando en cómo organizarnos:
Tamén está a opción dos vinilos-encerados, como os de Modern Dose, os de fawn&forest, etc. Pero xa o máis sorprendente é a tea-encerado!! Hai que ver o que tal inventan!


Na categoría "¡Me lo pido!" está este fantástico invento, non me digades que non volo pedides tamén ;)


E xa por hoxe é dabondo non? XD