7 de outubro de 2009

Proxecto semanal do outono

Isto dos quince días de proxecto dá para facer un montón de cousas e ademais tamén imos máis relaxados verdade?

Vaaaaaaaaaaale confeso que dende que empecei a traballar isto é un falar, pois se xa ía mal de tempo para preparar as clases dos meus pequenos, xa vos podedes imaxinar agora que teño que preparar máis dunha aula, ains! e por iso o blogue está xa a botar teas de arañas e eu estou a piques de morrer no intento hahahaha, ben, deixome de mixericadas e vou o que vou ;)

Antes de comezar co proxecto é indispensável ir procurar ós tesouros e aló fomos coa avoa e máis unha amiga dela a apañar de todo! voltamos até coas camisetas dobradas facendo saquiño porque xa non cabía todo na bolsa.


Tamén fixemos unha coroa de outono, por suposto con caixas de cereais, e empregamos estas imaxes sobre o outono (recoméndovos esta páxina, pois ten unha infinidade de imprimíveis).

Eles pintaron e eu, que a gozo tanto coma eles, recortei :)

Tamén fixemos un pequeno libriño sobre o outono (é unha imaxe animada, así que agardade a velo enteiro).

Dentro pon:
  • No outono empeza a facer máis frío e hai que abrigarse
  • Os froitos do outono
  • Saen os cogumelos e as árbores dan landras
  • Os esquíos apañan landras, castañas, etc. para poder comer no inverno
  • Algúns paxaros emigran a outros sitios máis calurosos
  • Os osos prepáranse para hibernar no inverno
  • No outono celébrase Halloween ou Samain e baleiramos cabazas
E tivemos a sorte de estar na cidade o mesmo día que os paxaros (creio que eran estorniños) xuntábanse para marchar xuntos cara lugares máis cálidos, estiveron uns minutos e marcharon. "Vanse para África mamá!"


E xa para... rematar? :) fixemos seres de follas e até unha "mánica" (máquina), despois xa na computadora lles engadiron ollos e demáis enfeites. Aquí vos deixo unha mostra e no flickr! podedes ver quen é cada un






Tamén participamos con este post no: