5 de março de 2009

Últimas Novas

Estiven a pensar que sexa como for a regulación que se acade en Cataluña a noticia é moi importante non só para eles, senón porque ademais abre as portas para o futuro da regulación do Ensino en familia en toda España. Por este motivo pareceume importante estar informados das últimas novas, opinións, etc. que podan acontecer sobre este tema e que supoño irán marcando o rumbo ou influíndo no seu desenrolo.

Así que vou adicar unha mensaxe a ir pondo as ligazóns que vaia atopando, que irán unha enriba da outra sendo a última a máis antiga. Por suposto a vosa colaboración será moi ben recibida, ven sexa vía e-mail ou vía comentarios no blogue e por suposto é indiferente a lingua na que estean as ligazóns, todas son importantes.

Atentos á columna da dereita ;)