19 de janeiro de 2009

Agasallos de Nadal

Aquí tendes algúns dos contos que deixaron os Reis Magos na casa.
Premendo enriba podedes ver a foto un pouquiño máis grande.

O primeiro é Cecilia y el dragón que conta a historia dunha rapaza aventureira que non se conforma con ficar na casa senón que ela tamén se quere enfrontar ó mundo. As ilustracións son moi bonitas, non vos sabería dicer porqué mas téñenme un aire moi holandés.
O segundo é Tres con Tango, unha historia entrañável e parece ser que baseada nun feito real de dous pingüíns do zoo de Central Park que se fan pais adoptivos dun oviño do que nacerá Tango.
E o último é Rey y Rey, que conta a historia de sempre, que parece que todo o mundo se enamora do príncipe azul!! ;) Hai tempo que tiña ganas de botarlle un ollo e a verdade é que levei unha grata sorpresa porque só coñecía a portada e véndoa pensaba que non me ían gustar as ilustracións e a verdade é que non foi así.