18 de novembro de 2008

Conto nun molde. Ricitos de oro

O molde desta semana baséase no conto "Ricitos de oro".
Para preparar a lata xuntei o leite que lle bebeu Riciños de ouro ós osiños, galletiñas de osiño que se bañaron no leite para rematar na barriga, a mel que os osiños botáronlle ó leite e que é cortesía dun bo amigo apicultor, e para acompañar un pouco de queixo e unha galleta con chocolate.

Ademáis de lerlles o conto despois vimos o episodio de Unha manchea de contos (que os cataláns coñecerán por "Una mà de contes") correspondente a este mesmo conto. Para os que descoñezades este programa, trátase dunha serie de contos que ó tempo que son contados van sendo ilustrados, facendo do conxunto unha obra da que gosta desfrutar. Cada conto é ilustrado por unha persoa distinta e cada un cunha técnica distinta.