![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhfXtgDTS9s-vhQ7yNzLPZsSFZcr6MjOZgpvDTOERB0gsIN5kytsNtHT2vVt5qbrI7f9b41PBwwpW0UNEGssp2SaF3J-FOiwuN0Pv-uS7wzGofC4p7TPDevslQDXIQGV6z6Nmkj2507I23D/s320/MEME-MillonarioExc%C3%A9ntrico.jpg)
Aí vai o que me saíu!!
1. Mercaríame unha illa perdida no medio dun deses mares cálidos onde as augas son transparentes. E como estaría podre de diñeiro contrataría unha tropa que desfixera as tormentas e aquelas cousas que viñeran a amolarme o descanso.
2. Mercaría un camión tráiler para facer del un fogar para dar a volta ó mundo (cando estivera cansa de tanto viaxar iría darme un baño na miña illa) e estaría decorado ó xeito "Yellow submarine" :DDDDDD
3. Restauraría todos eses pequenos pobos da Galiza que están a morrer sen xente e encheríaos de vida!!
4. Mercaría o Amazonas, e tamén a Antártida, para conservalos por sempre xamais. E aproveitaría para ir visitar a eses pobos que viven case na idade de pedra.
5. Deixaríame de excentricidades e adicaríame a filantropía que é menos egoísta.
Gostaríame saber que excentricidades farían Janil, Airenita, e despois sigo que me reclaman :P
Continúo :D Olivia_P, Maxiavida, LM e a Nika