Esta semana tiñamos como "
proxecto semanal" as landras, así que botamos a andar e fomos a unha carballeira a collelas e despois fixemos esculturas con elas en arxila branca. Algunhas delas pintámolas e todo e tamén aproveitamos para facer outras cousas coa arxila, claro. Seguramente formarán un pendurico no futuro.
(E continuo a ensinarvos anaquiños da nosa biblioteca).
Non só empregamos landras, senón tamén crocos de eucalipto, lentellas e piñas.
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_vb2LYZqg9TQoB7NfGooB1tNqLpgbWFTiH42_Q6ZIjsFVTQK2RNUzmHGeybYlxJY5Zja5STqeS3I0lFf18TWTG1cyXvORYHd9sF7uT54IHKC2KITj7VDhaBzbEoWwzVxdrQ=s0-d)
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_tyvDddsIV5lSxKoN8Yz8rlmQeH3ZIjsPDFmyvzU-7INPARXAb4Ezx8xBbKIyzMZIQQHzt0VmQXEejFZPk4CG7KP8JVazjHgelH96N5pOFmNYimj3fjlFEctZ3wKCzr7mPw4w=s0-d)
E a mami tamén fixo os seus experimentos hehehe. E agora estou tentada de mudar o meu landrú (o boneco do meu perfil) por este outro:
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_srP7m4AGXcKRnquD1dl7dljlJkdcmf1Gmq1x40qhY5buGabYYUQQm6G55m2Ph-vhh9jpkyK6rYeGJiDhB-1jTA3blZsIKbsbGzlf1vgmsLRFz93oQKbeJu-Lz6y8y8HhUhRQ=s0-d)
Quedei coas ganas de atopar landras de sobreira, que teñen un regustiño a castaña moi rico.
Tamén fixeron bonecos de neve:
As imaxes fanse un anaquiño máis grandes o clicar nelas.