24 de setembro de 2008

Tarta de cueiros II

Alá que se levaron outra tarta de cueiros!!

Esta tarta é para un meniño e leva ademais dos cueiros, dúas camisetiñas coas que fixen tamén un roliño coma cos cueiros. Quedou moi vistosa pois o papel ten pequeniñas tartaruguiñas flotando entre burbullas.

Clicando enriba as imaxes fanse un pouquiño máis grandes.

E dos traballos que me tiveron liada unha semana enteira xa só me resta un por ensinarvos :)