8 de agosto de 2008

As aventuras de Oliver

As aventuras de Oliver é unha serie de debuxos animados canadiana de 30 minutos de duración que botan os sábados (non estou certa pero creio que os domingos tamén) dentro da programación do Xabarín, rara vez conseguimos ve-la pois botano demasiado cedo pra nós pero é recomendável. Non é explícitamente violenta coma a meirande parte do que botan no Xabarín (eu non sei qué pretenden os programadores da galega enchendo a programación infantil de debuxos violentos) e está cheia de imaxinación, traballo en equipa,...

Trata dun neno chamado Oliver que ten tres irmás e móntase unhas películas incríveis con calqueira situación da vida cotiá, convertendo ó seu lagarto Zoomirax nun extraterrestre cunha pistola que lle permite manipular o tempo.

Na súa páxina oficial podedes obter debuxos para dar cor, xogos en liña, etc: www.ollieland.com

Agora mesmo, xunto con Cousiñas e Minuscule é o único que poden ver os menores de 6 anos na galega. No último ano tamén botaron un tempo "Maggie e a besta feroz (Maggie and the ferocious beast) que é boísima e o Marsupilami (Marsupilami, le site Officiel), que tamén gosta moito.

Eiquí podedes ver algúns videos de Minuscule.