29 de julho de 2008

DVD - O bosque animado

Atopar video pra nenos en galego é case misión imposivel, espero irvos facendo unha pequena lista por se gostades de facerlles aos pequenos (ou mesmo ós grandes) unha pequena videoteca en galego. Prégovos que non pirateedes estos DVDs, compre xerar demanda pra que se fagan ou traduzan máis películas ó galego.

O bosque animado
Todos os días o Sr. DAbondo e o seu criado Rosendo atravesan a Fraga Cecebre cunha cousa rondándolle nos miolos "semella que a fraga está viva!", e tan certo é que cando os homes marchan, as árbores falan.

Seica esta foi a primeira película europea integramente realizada en 3D, é unha producción 100% española de Dygra Films e está baseada na novela de Wenceslao Fernández Flórez, El bosque animado (así no orixinal) e que vos recomendo ler (hai versión en galego), da que xa fixera Jose Luis Cuerda unha magnífica película que seguro que coñecedes (información)

Ademáis de en galego está dispoñivel tamén en castelán e os subtítulos en castelán e inglés.
Ficha: