29 de julho de 2008

CD - Migallas: Canta con nosco

,A música para nenos na nosa lingua é tan escasa que costa traballo atopala, tentarei facer unha (minúscula) relación dos CDs que eu coñezo. Prégovos que non pirateedes estos CDs, compre xerar demanda pra que se fagan máis CDs con cancións para nenos.
Que os nosos nenos podan cantar na súa lingua!!

Migallas: Canta connosco!

En 1996 o grupo Migallas sacaba este disco que podedes mercar na súa web e mesmo escoitar rascuños de tres das cancións do disco.

Ten cancións moi animadas e axeitadas para cativos ben pequenos, dende logo este é un disco que non debe faltar na casa. Atopalo nas tendas pode resultarvos difícil pero non desesperedes que na súa web podédelo mercar.