Ando a dar clases "por dentro e por fora" :) e a preparalas para os de dentro e para os de fora e a roubarlle tempo ao sono, coitado de Morfeo que xa non ven a pasear polo meu xardín! E a pesar de todo aínda ha tempo para postear un bocadiño mais non preguntedes de onde sae porque nin eu mesma o sei. Ando un pouco cansa, de corpo e de mente, mas a pesar de todo aínda teño gañas de brincar (ojo las castellanas, brincar es jugar!), porque aínda non perdín o pracer de imaxinar mundos fantásticos e de gozar cos brinquedos. E se sodes coma min, ides gozar con istos que aquí vos mostro e se xa non sodes un dos nenos perdidos sempre podedes empregar a "escusa" de que son educativos ;)
Este fantástico foguete de madeira atopeino hai días e fiquei namorada, trae de todo para imaxinarmos a viver unha aventura espacial
E o Set de comboios para o Alexandre ;)E que me dicides desta fantástica disección? Eu a quero!
Tamén vos quero contar que hai dous novos blogues de rapaces que non van á escola:
- O Blog de oskarv,
- Tastaolletes, da nosa Laura :)
E quero dar as gracias polo premio tan doce que me deu Laura de Pinta con tintas e tamén polo premio que me deu Mireia de Por un parto respetado, meto os dous no meu chineiro, que bonitiños que son! :)