- Mi escuela. Ekam ten 8 anos e ven de estrenar este blogue cunha primeira mensaxe moi interesante.
- Aprendre Jugant. Blogue de Llüisa, doula, dende o Alto Penedés.
- Quijote de andar por casa. O blogue de Jose Mari desde Navalpino (si, é o home de "Macedonia de fruta dulce")
- Mis dibujos animados. Outro blogue de Jacqueline, vaivos encantar e ós pequenos aínda máis.
- Javier, o fillo pequeno de Jacqueline, tráenos máis blogues interesantes dende As Palmas: Las mejores fotos, Como vino se fue.
- Nuestro cuaderno de campo é o novo blogue conxunto de Esther e o seu fillo maior Elías.
Obrigada a valedegil do Pés na relva quem nos falou desta actividade.
O outro día chegoume por e-mail este maravilloso conto escrito por Nunila López Salamero e ilustrado por Myriam Cameros Sierra que é unha versión dos contos de princesas de toda a vida.Se queredes mercalo impreso podedes dirixirvos ó blogue conxunto das autoras, que se chama como o conto: La cenicienta que no quería comer perdices
Gostaría de partillar con vos os meus últimos descubrimentos, esas pequenas cousas que aledan a vista pola súa beleza, como é a web de Apoline à Paris que é en si mesma unha obra de arte. E o outro día namoreime desta Venus da tenda de Barn Fire Studio.
(Premendo enriba a vedes en todo o seu esplendor). Non deixedes de visitar a tenda para ver as cousas tan increívelmente bonitas que teñen.E se a algunha lle sobran 15.000$ e quere facerme un agasallo, pois pode ir encargando esta fermosa cama:

Por último quixera que alguén me dixera como demo fan estas cousas tan preciosas:
(Gústavos cómo tuneei a lámpada con esos perendengues?)