26 de outubro de 2009

Creando

Hai moito que non vos ensino as miñas últimas creacións e como sempre lle poden servir de inspiración ou dar unha idea a alguén pois é un pracer partillalas con vos e se despois me ensinades o que vos inspirou será un pracer :)

Este pendurico xa o fixen hai tempo e xa vos ensinara os seus comezos, así que tiña pendente ensinárvolo rematado e a verdade é que estou moi leda co resultado, a pesar da nobreza ;) ten un ar indio do que gosto moito. É tan alegre e "colorinado"...



E esta é unha coroa de outono inacabada. É a primeira coroa que fago con vimbio (mimbre en castellano) que cortei dunha árbore que ten un veciño na horta e como está emigrado (o veciño, non a árbore hehehe) pois alá fun eu podárllelo XD e non quedou moi alá mas para ser a primeira... ains!


Aínda está incompleta porque o conto é ir enchéndoa aos poucos e mudala con cada estación. Agora estou a facer unha cabaza en feltro para acompañar ás follas e mais ao ourizo de castaña das bruxas (ou castañas locas como as chama a miña nai).
O patrón das follas de feltro é de Wee folk art e o coelliño de botón foi un agasallo da miña Chuculeta :)


E xa para rematar déixovos a guinda, ou máis ben a galleta hehehe

Estas fixémolas o venres pasado. Procurando novas receitas de galletas nos foros de mamás decidimos facer estas dúas e ollade a casualidade, unhas son receita de Azu! (¡que buenas que están niña!)

Son as redondiñas de coco, deliciosas a pesar de que se torraron de máis e as outras tamén volas recomendo. Para enfeitalas chocolate negro de cobertura e "chocolate branco" do normal, ambos derretidos.

Póñovos as receitas mas se ides á ligazón de enriba atoparedes esas e outras máis.

Bolitas de coco (de Azu)
Ingredientes: 1 ovo, 100 gramos de coco rallado,2 culleradas colmadas de azucre, 1 cullerada de fariña.
Mistúrase todo e fanse bolas sen apretar, ponse no forno uns 10 minutos e xa están!

Pastitas
Ingredientes: 100g de manteiga, 50g de azucre, 1 ovo grande, 300g de fariña, 1 pouquiño de sal, 1 pouquiño de esencia de vainilla .
Mistúrase todo, amásase, envólvese en plástico de cociña e deíxase repousar na neveira como mínimo media hora.
Despois esténdese sobre unha superficie enfariñada e córtanse as formas das galletas (con cortapastas ou cun vaso) e métense no forno (prequentado) a 180º uns 8-10 minutos.
Decóranse con chocolate ou non, están boas igualmente :)