Traballamos man á man coa terra e coa auga. Non só regaron o recén transplantado senón que acabaron regándose entre eles, "vanme sair flores porque me reguei as mans"...

Emporcámonos, ehemmmm fundímonos, coa madre terra no noso actual "terrario" e futuro areeiro. Qué traballo estamos a levar! o meu home quixo facer un areeiro de tamaño industrial (eu como boa muller non lle levei a contra, claro hehehe) e non vexades o que tal temos que cavar! De aquí o verán vexo a todo o pobo (non chegamos a 20 veciños) cos pés dentro e unha limonada soñando que estamos na praia.


Mais ben era eu a que paseaba,

Ou botábanse de bouladelas (a rolos)
A terriña alédanos os ollos, non é de estrañar que a morriña sexa unha palabra galega, é imposíbel non ter morriña disto.
(Nota para as irmãs portuguesas, a morriña nossa é quase a vossa saudade)

E chegamos ó... ehemmmm río.

E así pasamos o día de onte e vos?
(Nota para Ipe: aínda teño a roupa a esperar, vou seguir o teu "consello" e perde-lo ferro).