Hoxe as rúas están tan caladas que semella que a cidade está morta, xa non se escoitan os berros, as risas ou mesmo os choros dos nenos, parece mentira pero respírase doutro xeito, nótase o cambio, pasou o tempo do lecer e séntese no aire.
Hoxe os nenos cambiaron as carreiras polas cadeiras.
Fotografía obtida do blogue: Consultoría artesana en red
Eu estudei nunha escola con pupitres semellantes a esos, cun mapa na parede onde aparecía "Castilla la Nueva" y "Castilla la Vieja" e recordo os comezos de curso cunha mistura de medo, nervos, e ó mesmo tempo alegría. Encantábame o arrecendo dos libros novos e imaxinarme ensinanzas fantásticas cando os veía por primeira vez, desgraciadamente as espectativas que eu esperaba dos libros sempre se rompían. Mágoa de mestres que non puideron sacarlle a maxia ós libros.