12 de setembro de 2008

Terrível!!

Un 27% dos nenos síntese só na súa casa e entre un 7% e un 11% son maltratados polos pais.

Estas son dúas das cousas que di a enquisa sobre a infancia 2008 da Fundación SM, enquisa realizada entre nenos escolarizados. Lín a noticia no Público e ainda estou conmocionada pola opinión verquida por unha persoa que dí ser mestra e psicopedagoga que defende o maltrato infantil, e o máis terrível é que está acompañada por unha morea de xente que opina o mesmo. Terrivel!! non me estrana que os nenos se sintan sós ainda estando acompañados.

Non podo entender cómo alguén pode defender o uso da violencia nas relacións interpersoais. A defensa esgrimida soe ser que non se pode razoar cos nenos menores de X anos, entón admitirían que os seus fillos lles pegaran cando estean senís?