Eu non sei se algunha vez víchedes criar a unha cadela.
Cando nacen as crías vainas lambendo para limpiarlle os restos de placenta e así quitarlles o cheiro a sangue que podería atraer ós predadores, os cachorros engánchanse ás mamilas e ahí fican mamando a maior parte do tempo. Os primeiros días a cadela apenas sae do niño máis que para facer as súas necesidades e comer, ela non sabe cómo se da de mamar, nin canto tempo han de estar os cachorros mamando, só segue o seu instinto, que é o que lle dí que permaneza coas crías o maior tempo posivel eses primeiros días, e non o dí por fastidiala o por oprimila polo feito de ser muller, non, ese contacto continuado coas crías e a prendida a demanda (e case que contínua) son as que van asegurar que as hormonas se poñan en marcha para producir o leite, e non hai outro xeito de producilo. A succión sobre o pezón vai provocar a producción de dúas hormonas: a prolactina (que é a responsavel de que se produza o leite) e a oxitocina (que é a responsavel de que o leite "saia para fora"). Tamén está demostrado que a cantidade de prolactina liberada depende de la potencia y duracción del estímulo de succión. Todo isto a cadela non o sabe nen falta que lle fai, o seu instinto é o que sabe que para que teña leite teñen que mamar xa sexa unha hora seguida.
Os cachorros, sexan de can ou de humán, tamén seguen o seu sabio instinto. A natureza xa os trae ó mundo co reflexo de succión moi pronunciado e o instinto é o que lles fai procurar a mamila e prenderse nela como se a súa vida dependera dela e vaia se depende!, seguindo o seu instinto saben que teñen que mamar para que veña o leite á súa boca e que canto máis mamen máis leite terán. O instinto sabe que teñen que pedirlle ó peito para que "suba" o leite, e por iso piden e o primeiro mes poden pedir durante unha hora seguida sendo isto normal, como tamén é normal que mamen máis pola noite, é coma se soubesen que a prolactina só se segrega pola noite e que sen estímulo non hai producción.
Desgraciadamente, o home está a perder os seus instintos e coma sempre a femia humana é a que leva a pior parte i é que seica hai unha altísima porcentaxe de mulleres que non produce leite e no mellor dos casos ésta acábase misteriosa e repentinamente en torno ós dous-tres meses. A Deus grazas inventaron o leite artificial porque se non xa nos teríamos extinguido!! o que non me explico é como duramos tanto tempo se temos enconta que o leite artificial non se inventou ate finais do século XIX. E agora que o penso é curioso que estes problemas se incrementaran coa comercialización masiva do leite artificial, especialmente na década dos 60-70 do século XX, onde unha xeración foi criada maioritariamente con leite artificial pois o 90% das nosas nais "non tiña leite" ou esta desaparecía repentinamente despois das visitas ó médico. Tamén é curioso que nas consultas médicas sempre estean as estanterías cheas de leite artificial, a vos pareceríavos normal que na consulta do voso médico de cabeceira houbese estanterías cheas de fabada "Pitoral"?
En fin, o problema non é a falta de leite senón a falta de confianza, a falta de paciencia, a falta de apoios,...