18 de março de 2012

Portugal dos meus amores

Para moitos galegos, cruzar o Minho non supón mudar de país, continuamos a estar en casa e mesmo para aqueles galegos que mudan de país, para a meirande parte deles, seguen a estar en casa, na casa dun primo irmán, pero na casa. As paisaxes non mudan, as construccións non mudan, as brincadeiras son as mesmas,... porque estamos na casa.

Para moitos de nós, cruzar o Miño, supón deliciarnos na marabilla de ver a nosa lingua aló onde mires. Ve-la reconhecida, no lugar que merece, de súpeto deixamos de ser extranxeiros na nosa terra para estar na casa nun sitio que chaman extranxeiro.

E ficamos asombrados de ver a nosa lingua no Cortinglés,...


Nas tendas dos chineses,...

E mesmo nas boutiques máis chics

Portugal dos meus amores,... deixovos cunhas fotos

En Lisboa


E em Portoalegre, este verán, que calor pasamos, mimadrinha querida.

Este verán puiden dar umha grande aperta á minha Isabelinha querida, que pouco me soubo minha cara, canto gostaba de estar máis a falar. E tamén estiven con Lídia na espectacular biblioteca de Évora (ohhhhhh cuanta beleza, um sitio para non perder) com quem gostei inmenso de estar e conhecer depois de tantos anos.