
As veces gastamos unha morea de cartos en xoguetes e os nenos gostan de xogar con calquera cousa e mais se nós acompañámolos. Xa vedes do que son capaces con elementos tan sinxelos e as cousas tan interesantes que saen!
Facemos boliñas con plasticina de distintas cores, tamén podemos aprenderlles como xorden novas cores misturando unhas coas outras e amasándoas ben.
Despois dispomos os elementos misturados e animámoslle a que os clasifiquen como xa faláramos en "Matemáticas: arrumar botóns". E deixamos voar a imaxinación.
